займ срочно

Por terceiro ano o Gaiás acollerá as charlas TEDXGalicia

0

Compostela, 25 de setembro do 2017 – A Cidade da Cultura acollerá por terceiro ano consecutivo as charlas TEDxGalicia, que se celebrarán o sábado 2 de decembro no Museo Centro Gaiás e que nesta edición terá como lema Ultreia. Ánimo para ir máis alá.

As charlas TED creáronse en 1984 en California como un evento para a transmisión “daquelas ideas que pagan a pena ser difundidas”, como reza o seu lema, facendo referencia á repercusión global que acadan os seus vídeos. TED é o acrónimo de Tecnoloxía, Entretemento e Deseño, as tres grandes áreas temáticas. O seu formato áxil (duración máxima de 18 minutos), así como a escolla de relatores e temas fixo que pronto se convertesen nun fenómeno viral con millóns de visualizacións a través de YouTube.

 Moi pronto, nomes como Bill Clinton, Bill Gates, Jane Goodall, Frank Ghery ou Bono pasaron por TED, impulsando o éxito desta marca. A boa resposta por parte do público levou a TED a crear os programas TEDx co obxectivo de reproducir estas conferencias en diferentes países, cidades ou rexións do planeta.

Co lema ‘Cara unha sociedade movida pola talento’, a primeira edición dos TEDxGalicia tivo lugar no ano 2010. Desde entón se veñen celebrando anualmente en diferentes localizacións da comunidade, sempre con extraordinaria resposta por parte do público. Desde 2015, a Cidade da Cultura acolle este evento no marco de seu programa de apoio ao emprendemento e a innovación.

A organización de TEDxGalicia anuncia que os nomes de conferenciantes non se darán a coñecer ate principios de novembro, pero que as entradas para asistir como público sairán a venda o 1 de outubro en tedxgalicia.com ou en cidadedacultura.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies