#Galegoempresas, un novo directorio de empresas que traballan en galego

0

Bisbarra, 6 de febreiro do 2019 –  Ames, Santiago e Teo poñen en marcha o proxecto #Galegoempresas, un directorio de empresas radicadas nos tres municipios que ofrezan produtos e servizos en galego.

A presentación da iniciativa tivo lugar no concello de Compostela coa presenza do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a concelleira de Cultura de Teo, Pilar Faxil, a concelleira de Normalización Lingüística de Ames, Isabel Vaquero, e Óscar Maceiras, en representación da empresa que desenvolve o proxecto, Ágora Aberta. O obxectivo de #Galegoempresas é poñer en valor aqueles negocios nos que o galego adquire visibilidade, e facer un recoñecemento á calidade na atención por parte destes negocios.

Óscar Maceiras explicou que para a elaboración do directorio realizáronse moitas tarefas previas, que pasaron por ponderar os indicadores de uso lingüístico nas empresas para avaliar a súa relevancia na configuración da imaxe da compañía e na súa relación coa cidadanía; deseñar o protocolo de aplicación do cuestionario co que se obteñen os datos para construír os indicadores das diferentes empresas; e crear finalmente a ferramenta informática para incluír os datos das empresas, validados e publicados de xeito atractivo e útil.

Maceiras tamén salientou que o directorio “permite que as persoas usuarias fagan a valoración da atención que prestan as empresas, oral, escrita e telefónica”, e que pon a disposición das empresas unha serie de ferramentas e recursos para que “melloren no uso do galego e saiban as convocatorias que teñen en marcha as administracións para premiar o compromiso coa lingua”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial