займ срочно

Galicia en Negro contra as violencias chega a Europa

0

Compostela, 7 de novembro do 2017 – A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presenta hoxe martes no Parlamento Europeo a campaña Galicia en negro contra as violencias machistas.

A iniciativa, posta en marcha hai tres anos polo Concello de Santiago, chega nesta ocasión a 72 concellos de toda Galicia e case 3.000 establecementos.

Galicia en Negro está representada en Bruselas por unha delegación formada por máis de 40 persoas de entidades locais e provinciais integradas na campaña.

A xuntanza prevista no Parlamento Europeo asistirán membros da Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero da institución. Marta Lois encargarase de explicar esta iniciativa de sensibilización da sociedade posta en marcha en 2015 na capital galega. Ademais, Lois tamén presentará o Pacto social municipal galego contra as violencias machistas.

Á presentación acudirán eurodeputados e eurodeputadas de diferentes países. Ao rematar a reunión, contra as 11:30 horas, está prevista unha acción de visibilización pública da campaña En negro contras as violencias machistas no exterior do Parlamento Europeo, na explanada que hai diante da entrada principal e na que se usará material da campaña. O obxectivo é que Galicia simbolice na institución comunitaria a repulsa e a loita colectiva contras as violencias machistas nun momento no que ademais esta institución denunciou publicamente as situacións de acoso sexual que sufriron algunhas das eurodeputadas nos últimos anos baixo o cancelo #MeToo.

Concellos contra as violencias

Entre as persoas que viaxan a Bruxelas para participar nesta posta en escena, hai deputadas provinciais das deputacións de Lugo e de Pontevedra, concelleiras e concelleiros, responsables municipais de Centros de Información ás Mulleres e técnicas locais de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Muros, Salceda de Caselas, Rianxo, Ribadeo, Fisterra, Val do Dubra, Lugo, Ames, Cerdido, Ortigueira, As Pontes, Cambre e Becerreá. Estes concellos e outros moitos tinguiranse de negro a semana do 25 de novembro. Previamente, o día 15, asinarase en Compostela un protocolo de colaboración entre todos os municipios participantes.

Segundo os datos da última Macroenquisa de violencia contra as mulleres realizada no 2015 polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, un 13% das mulleres residentes no Estado español de máis de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou ex parella; un 26% violencia psicolóxica de control como celos, control de horarios e actividades; e un 20% violencia psicolóxica emocional como insultos, intimidacións, ameazas verbais, etc. Dende 2003 ata maio do 2017, a Delegación do Goberno rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia e 780 no Estado español.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies