Xeados con selo de Galicia Calidade en La Galiciana

0

Desde pequenos os xeados foron un premio, unha festa, o remate dunha boa comida ou un día de verán. Xa de maiores, moitos seguen tendo o feito de comer un xeado como un momento especial, distinto para cada un e moi persoal. Con estes antecedentes La Galiciana tiña que ter xeados do mellor e conseguiuno grazas a Central Heladera

xeados central heladeraOs xeados da Central Heladera naceron en Ourense hai catro anos. Ten tendas en distintos puntos e a da Galiciana, en Santiago, ten como unha das responsables a Yoli Chouza que nos conta como foron eses comezos

A idea de xeado artesán é interpretada dun xeito flexible por algúns dispensadores pero o que non admite dúbidas é o selo de Galicia Calide que conseguían no 2016

xeados central heladeraA vantaxe dun xeado artesán é que se pode consumir en calquera época do ano, si ben é certo que antes es estacións condicionaban ao consumidor iso está cambiando pouco a pouco

O xeado é, polo feito de ser artesán, un bo dixestivo e lonxe da idea xeneralizada ten menos graxas que os industriais

xeados central heladeraA Central Heladera manexa 48 sabores distintos. En Santiago podemos atopar 16 deles e un moi exclusivo, o xeado de Tarta de Santiago

En canto ao que máis sorprende ao cliente é fácil adiviñalo, o que máis se vende non ten porque ser o mesmo

xeados central heladeraEstar na Galiciana supón para Central Heladera a posibilidade de mostrar o seu traballo a moita xente sen a presa de outros locais, o feito de poder pasear por un mercado da tempo para que os clientes falen e comenten e ao mesmo tempo escoiten como se fan os xeados e resolvan posibles dúbidas

A Central Heladera a atopamos nada mais entrar na Galiciana pero volveremos a ela cando rematemos de comer; a veremos de novo o saír e pode que repitamos; e incluso pode que vaiamos alí só a buscar un xeado. Non hai nada que arranxe un mal día ou que mellore un bo como un xeado artesano.  

xeados central heladera

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial