A Galiña Azul despediuse do FalaRedes en lalín

0

Lalín 12 de abril do 2017- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu onte á tarde en Lalín á actividade de dinamización lingüística A galiña azul, que despide estes días o seu paso polo programa FalaRedes en 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

García Gómez estivo acompañado polo rexedor municipal, Rafael Cuíña, polo director xeral da Editorial Galaxia, empresa xestora, Francisco Castro; e mais polo presidente da Fundación Carlos Casares, Xabier Casares.

Coa proposta, a Consellería de Cultura, da man de Galaxia e de Ubú Teatro, quixo renderlle tributo ao autor ourensán ao que se lle dedican as Letras Galegas 2017 e facer partícipe desta celebración a RDL.

‘A galiña azul’

A adaptación teatral do libro ‘A galiña azul’, inspirada  obra homónima que Casares, publicou por vez primeira en 1968, recupera unha peza de referencia na historia da literatura infantil galega. Contén cinco historias entrelazadas que transmiten valores tan importantes como o respecto pola diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso, a compañía responsable da adaptación, Ubú Teatro, emprega diferentes técnicas, como a narración oral, o uso de monicreques ou o clown. Cada familia asistente recibe, ao final da actividade, un exemplar do libro ‘A galiña azul’, nunha edición especial para a RDL.

Esta proposta do FalaRedes chegou durante a primavera, en exclusiva, aos concellos de Valga, Vilagarcía de Arousa, Ribeira, Ferrol, Melide, Foz, Mondoñedo, O Barco de Valdeorras, Carral, Oleiros, Monforte de Lemos, Teo, Xinzo de Limia, Monterroso, Redondela, Ames, Ribadavia, Ourense, Baiona, Lalín e Cangas, todos eles pertencentes á RDL.

FalaRedes 2017

A sexta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes mantén os obxectivos das anteriores convocatorias de ofrecer propostas de lecer de calidade en galego para todas as idades e de promover, con elas, o uso e mais a valoración positiva da lingua propia de Galicia.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies