займ срочно

‘Galveston’ e ‘Loro’, dúas estreas absolutas en Cineuropa

0

Compostela, 24 de novembro do 2018 – Loro (Silvio e os outros) é, sen dúbida, un dos filmes estelares do ano e estrease en Cineuropa. Sorprende, cando menos, que un filme destas características non pasara por ningún festival estatal con anterioridade.

Do caldo de cultivo conformado por Sorrentino, máis Berlusconi e o tremendo Toni Servillo xorde esta representación tan kitsch como certeira do ex primeiro ministro italiano nun reino da inmundicia a través dunha telenovela bárbara e casposa. A primeira das dúas citas que teremos con Silvio neste festival será este sábado ás 19:45 h. no Teatro Principal.

Set del film “Loro” di Paolo Sorrentino.
Nella foto Toni Servillo.
Foto di Gianni Fiorito
Questa fotografia è solo per uso editoriale, il diritto d’autore è della società cinematografica e del fotografo assegnato dalla società di produzione del film e può essere riprodotto solo da pubblicazioni in concomitanza con la promozione del film.
E’ obbligatoria la menzione dell’autore- fotografo: Gianni Fiorito.

De seguido no mesmo Principal (ás 22:30 h.) dará comezo Galveston, da que Cineuropa celebra tamén a súa estrea estatal. A cuarta longa como directora de Mélanie Laurent é un filme de serie negra, adaptación dunha novela que Nick Pizzolatto escribiu antes de alcanzar a fama con True Detective. Galveston pertence á estirpe do noir que protagonizan seres crebados, dous perdedores que foxen da violencia e buscan último refuxio nunha Texas costeira e vítima dos furacáns. Cando xa sabemos que estes desvíos ao paraíso sempre terminan nun cul de sac. Entre a sordidez e a poética dese canellón das almas perdidas, hai que ver para crer a composición de fraxilidade exquisita de Elle Fanning.

Mais estes grandísimos filmes non serán as únicas novidades da xornada: este sábado da comezo unha interesante mostra de cinema con perspectiva feminista realizada en colaboración co Centro Simone de Beauvoir. Sé fermosa e cala, de Delphine Seyrig, será o filme encargado de abrir este programa de carácter gratuíto que se exhibirá os días 24 e 25 na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Co sexismo como fío condutor, o documental amosa unha serie de entrevistas feitas por Seyrig con vinte e tres actrices francesas, inglesas, americanas e unha canadense que evocan a súa experiencia profesional, os papeis que lles propuxeron e as súas relacións cos directores e equipos técnicos.

Ás 16:15 h. no Salón Teatro, dará comezo o primeiro pase de Míriam miente, de Natalia Cabral e Oriol Estrada, un retrato cativador dunha cultura, á vez que unha crónica íntima da adolescencia e unha feroz crítica dunha sociedade clasista, racista e fachendosa. Todo iso cun estilo próximo ao documental, onde sobresae un elenco de actores –tanto novos como adultos, algúns experimentados, outros non profesionais— dunha naturalidade abraiante. Ás 19:30 na mesma sala, comezará The kindergarten teacher, o segundo filme de Sara Colangelo polo que a cineasta obtivo o premio á mellor dirección en Sundance. Seguramente lembrará o espectador de Cineuropa un filme do mesmo título dirixido polo israelí Nadav Lapid proxectado neste festival en 2014. Aquela relación entre unha profesora e o seu alumno que con cinco anos se revelaba como un poeta de profundidade é inesquecible. Pois sobre aquela obra mestra filmou Sara Colangelo o seu remake, co visto e prace de Lapid. O resultado é máis que convincente: é quen de reter a tensión crecente que levaba xa a versión israelí do cinema con neno ao thriller irrespirable.

Por outra banda, convén salientar o último pase de Deslembro, de Flavia Castro, que vén de gañar o premio FIPRESCI da crítica, o premio do público e o premio á mellor actriz secuendaria no Festival de Río de Xaneiro. No filme, que se exhibirá no Teatro Principal ás 18 h. Castro vai debullando unha historia que se asemella a moitas pero que é tan singular como ningunha. Joanna é filla dun pai desparecido pola ditadura brasileira, e o desexilio, que se lle impón xusto na metade da súa adolescencia, conéctaa con ese pasado cuxa memoria foi borrada polo tempo, a imaxinación e a información fragmentada. Un relato de iniciación á vez poético e político, entrañable e necesario.

No cinema Numax ás 19:15 h. poderemos conversar de novo con Charlotte Serrand directora de 1048 lúas, que visita o festival para presentar este belísimo filme, unha revisión cinematográfica das Cartas das heroínas de Ovidio onde o visual e o sonoro se axustan ao relato magníficamente.

PROGRAMACIÓN CINEUROPA SÁBADO 24

TEATRO PRINCIPAL

16:00 MIRAI NO MIRAI / MIRAI, A MIÑA IRMÁ PEQUENA Mamoru Hosoda

18:00 DESLEMBRO Flavia Castro

19:45 LORO / SILVIO E OS OUTROS Paolo Sorrentino

22:30 GALVESTON Mélanie Laurent

SALÓN TEATRO

16:15 MIRIAM MIENTE Natalia Cabral e Oriol Estrada

18:00 L’HOMME FIDÈLE / UN HOME FIEL Louis Garrel

19:30 THE KINDERGARTEN TEACHER Sara Colangelo

21:30 LES ESTIVANTS / A CASA DE VERÁN Valeria Bruni Tedeschi

23:45 SAUVAGE Camille Vidal-Naquet

MULTICINES COMPOSTELA (SALA 2)

18:00 À L’AVENTURE* Jean-Claude Brisseau

20:00 ENTER THE VOID* Gaspar Noé

22:30 EMPEROR TOMATO KETCHUP* Shûji Terayama

CINEMA NUMAX

17:30 WHAT KEEPS YOU ALIVE Colin Minihan

19:15 1048 LUNES / 1048 LÚAS Charlotte Serrand, con presentación e coloquio.

20:30 L’EMPIRE DE LA PERFECTION / BUSCANDO A PERFECCIÓN Julien Faraut

22:15 ‘77 NO COMMERCIAL USE Luis Fulvio

SEDE AFUNDACIÓN

17:30 OCAÑA, RETRAT INTERMITENT* Ventura Pons

19:15 ROCÍO* Fernando Ruiz Vergara

SALA AGUSTÍN MAGÁN (CC. SANTA MARTA)

17:00 SHOAH (parte 1)* Claude Lanzmann

AUDITORIO DE GALICIA (SALA MOZART)

19:30 SOIS BELLE ET TAIS-TOI / SÉ FERMOSA E CALA* Delphine Seyrig

PROGRAMACIÓN CINEUROPA DOMINGO 25

TEATRO PRINCIPAL

15:30  DILILI À PARIS / DILILI EN PARÍS (2018) – Michel Ocelot

17:15  NEVER LOOK AWAY / OBRA SEN AUTOR (2018) – Florian Henckel von Donnersmarck

20:30  PREESTREA EN GALICIA. PRESENTACIÓN CO EQUIPO DA PELÍCULA HAMADA (2018)– Eloy Domínguez Serén

22:30 THE MAN WHO SURPRISED EVERYONE / O HOME QUE SORPRENDEU A TODOS (2018) – Natalya Merkulova,Aleksey Chupov

SALÓN TEATRO

16:30 LAS HEREDERAS (2018) – Marcelo Martinessi

18:15 SUPPORT THE GIRLS (2018) – Andrew Bujalski

20:00  GALVESTON (2018 – Mélanie Laurent

21:45  LA CENA BLANCA DE ROMINA (2017) – Francisco Rizzi,Hernán Martín

23:00  LONG DAY’S JOURNEY INTO NIGHT / LONGA VIAXE DO DÍA CARA Á NOITE (2018) – Bi Gan

MULTICINES COMPOSTELA (SALA 2)

17:30  JIMMIE (2018) – Jesper Ganslandt

19:15  MIRIAM MIENTE (2018) – Natalia Cabral,Oriol Estrada

21:00  KARDEŞLER / IRMÁNS (2018 – Ömür Atay

22:45  FISCHIA IL SESSO (1974) – Gian Luigi Polidoro

CINEMA NUMAX

17:30  PRESENTACIÓN E DEBATE CUNA DE MÚSICOS (2018) – Pablo Vázquez e Denis Carballás

19:00  TEMPO COMUM (2018 – Susana Nobre

 20:15  PRIMAS (2017 – Laura Bari

22:15 DIANE (2018) – Kent Jones

SEDE AFUNDACIÓN

17:00 CHOSES SECRÈTES / PAIXÓNS SEGREDAS (2002) – Jean-Claude Brisseau

19:00  THE BRIDES OF DRACULA / AS NOIVAS DE DRÁCULA (1960) – Terence Fisher

SALA AGUSTÍN MAGÁN (CC SANTA MARTA)

16:30 SHOAH (parte 2) (1985) – Claude Lanzmann

AUDITORIO DE GALICIA / SALA MOZART

  18:45  MASO ET MISO VONT EN BATEAU / MASO E MISO VAN EN BARCO (1975) – Carole Roussopoulos,Ioana Wieder,Delphine Seyrig,Nadja Ringart

  20:00  LA MARCHE DES FEMMES À HENDAYE / A MARCHA DAS MULLERES A HENDAIA (1975), + LIP: MONIQUE ET CHRISTIANE (1976) + VIOL CONJUGAL, VIOL À DOMICILE / VIOLACIÓN CONXUGAL, VIOLACIÓN A DOMICILIO (2003) – Ioana Wieder e Carole Roussopoulos, Carole Roussopoulos, e Carole Roussopoulos e Véronique Ducret respectivamente

Nota: as películas marcadas cun asterisco son de entrada libre.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies