займ срочно

Alí Django, García MC, Som do Galpom e Brinkadelia no Feito a Man

0

Compostela, 10 de agosto do 2017 – Do jazz ao swing e do hip hop ao ska a axenda do Feito a Man de este xoves promete un día moi especial.

Catro grupos con persoalidade moi especial e nas marxes da música máis comercial é o que nos ofrece hoxe o Feito a Man. A primeira cita será na sesión vermú da rúa do Vilar con Aló Django trío a partir das 13.30.

Aló Django Trío é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos “manouche” centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt. Aló Django nace no ano 2007 pola vontade de Ramón Orencio e Xabier Mera, guitarras e voces, de ofrecer un concerto divertido co swing como banda sonora. Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa presenza do claqué e a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte do seus integrantes.

A seguinte cita é a das oito na Praza dos Gatos, hip hop e rebeldía en estado puro co novo proxecto de García MC: Nación Quilombo

García MC é un referente do rap en Galicia que o levou a mergullarse nunha iniciativa que comeza no Womex 2016 en Santiago de Compostela: A Nación Quilombo. Está a lanzar sinxelos con videoclip dende comezos de 2017. Ten alma de comunicador, de divulgador e de embaixador cultural ademais de ser educador independente impartindo obradoiros e conferencias de cultura Hip Hop dende fai máis dunha década. García MC deixou pegada en ducias de discos de grupos eclécticos da música galega contemporánea. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira e formou parte de Dios Ke Te Crew e a Banda Fura Fura (Homenaxe ao Zeca Afonso).Levou o seu Rap en Galego a lugares como Dinamarca, Guiné–Bissau ou Portugal. Entende a música como unha ferramenta máis de intervención social e ponte entre culturas.

A xornada remata cunha festa de verdade. As dez en san Martiñó Pinario Som don Galpom e Brinkadelia prometen un xoves cheo de mestizaxe.

Som do Galpom é un grupo orixinal e heteroxéneo que mestura diferentes estilos musicais, a súa particular aposta vai dende o funk ata reggae pasando polo Rap orgánico como lle chaman… Veñen dende A Moniña, unha aldea perto de Compostela, e levan uns cantos anos percorrendo Galiza e a Península amosando o seu directo. A súa discografía está composta por dous traballos de estudo: ‘Em terra de ninguen’ e ‘A Galinha de Troia’. Na actualidade voltan aos palcos despois dunha breve paréntese e con máis enerxía ca nunca.

Dunha estirpe de músicos das terras bravas da Límia, chega o señor Brinkas presentando este proxecto, Brinkadelia. Despois dunha traxectoria de vinte anos repartindo boa música polo mundo adiante, toca recoller esas experiencia e transmitilas neste novo formato que recopila os ritmos e sonoridades que foron marcando o seu percorrido musical.

Un dos fundadores dos Festicultores, dos que estivo á fronte durante case dez anos, ten no seu haber colaboracións con artistas da talla de Manu Chao, un dos grandes pioneiros da worldmusic, o músico portugués Daniel Lança ou o director de cine e músico Emir Kusturica, que o convidou a unirse nalgúns dos seus concertos da súa xira europea.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies