Gas Natural Fenosa revisa as liñas eléctricas do Milladoiro

0

Dous cortes no subministro eléctrico no espazo de quince días en zonas de Milladoiro levaron ao alcalde de Ames, José Miñones, a poñerse en contacto co responsable territorial de Gas Natural Unión Fenosa para pedirlle que se faga unha revisión exhaustiva das liñas de corrente eléctrica. Os traballos comezaron esta mañá con maquinaria adaptada á revisión dos cables subterráneos que conducen a electricidade ao núcleo máis grande de poboación do Concello de Ames.

Ames, 02/09/2016 – Na madrugada do 30 ao 31 de agosto, un corte no subministro eléctrico deixou sen luz á zona baixa do Milladoiro, afectando a un tramo no que se inclúen a rúa Raxoeira, Pardiñeiros y Rosalía de Castro. O apagamento, que comezou ás 23:49 horas, afectou a máis de 6.000 clientes. Durou preto de dúas horas, aínda que algúns usuarios e usuarias viron restablecida a luz. O apagamento durou en torno ás dúas horas, aínda que algunhas vivendas viron restablecida a luz á hora de producirse o suceso. Concretamente, e segundo a empresa subministradora, o 8% dos clientes tiveron resolto o problema aos 54 minutos de producirse e máis da metade dos clientes recuperaron a corrente eléctrica en 59 minutos, un 20% en 80 minutos e o resto ao cabo dun pouco máis de hora e media. A empresa enerxética localizou a avaría nun tramo de cable subterráneo sen poder precisar aínda a causa.

Por outra banda, o primeiro dos apagamentos tivo lugar hai dúas semanas e afectou fundamentalmente á parte alta do Milladoiro en horario de tarde noite. O motivo nesta ocasión foi o deterioro do cable que ven da liña 8 de Santiago. Nesta ocasión os roedores foron os que provocaron o dano.

Desde esta mañá, e logo da conversa mantida entre o alcalde de Ames, José Miñones e o responsable territorial de Gas Natural Unión Fenosa, a empresa comezou, valéndose de maquinaria especializada, a revisión dos cables subterráneos que subministran electricidade ao Milladoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial