займ срочно

Segunda fase do plan de coidados dos gatos rueiros de Compostela

0

Compostela, 1 de setembro do 2017 – O concello de Santiago sinala e habilita as colonias de gatos rueiros da cidade dentro do proxecto CES.

A concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, deu a coñecer as accións que porá en marcha dentro da segunda fase do plan de xestión das colonias felinas que se iniciou o ano pasado. Trátase da sinalización destas colonias e da dotación de casetas nas que as persoas voluntarias lle poden subministrar os alimentos precisos aos gatos rueiros.

Campaña con Libera

A edil presentou estas accións acompañada por Rubén Pérez, da asociación Libera, que está a colaborar co Concello na difusión do Proxecto CES (Captura, Esterilización e Solta). Rubén Pérez explicou que “é preciso que a cidadanía estea ben informada sobre como actuar con respecto aos gatos rueiros”. Segundo apuntou “é a primeira vez que o Concello de Santiago pon en marcha algunha iniciativa en relación ás colonias felinas, e nos últimos dous anos estase dando un salto cualitativo que nos achega a outras cidades europeas”. Libera insiste en que “unha atención correcta aos gatos rueiros prevé a aparición doutras pragas ou a propagación de enfermidades noutros animais domésticos”.Na primeira fase da implantación do método CES (Captura, Solta e Esterilización), o Concello afrontou ata agora a esterilización de máis de 120 gatos e gatas.

Un proxecto novidoso

Noa Morales explicou que en Santiago “están censadas máis de 25 colonias felinas, nalgúns casos con máis de 20 anos de historia, como é a da Alameda”. Malia a iso, “é a primeira vez na que o Goberno local asume algunha responsabilidade con respecto á atención aos gatos rueiros, dos que ata o de agora se ocupaban en exclusiva as persoas ou asociacións voluntarias”.

A concelleira de Benestar Animal explicou que o obxectivo é que todas as colonias de gatos rueiros estean ben sinalizadas e cunhas casetas para a alimentación dos animais acordes ás necesidades de cada zona.As primeiras instalacións foron as da Alameda e Fontiñas. Noa Morales incidiu en que nas colonias controladas “non é recomendable deixar alimentos, sobre todo húmidos, porque as persoas voluntarias encárganse de subministrarlle pensos secos, acaídos para as necesidades específicas dos animais”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies