Terras de Compostela organiza un Plan de Formación en transformación de produtos agrícolas

0

Vedra, 5 de agosto do 2019 – O Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela organiza, ao longo do mes de setembro, un Plan de Formación de Transformación e Conservación de Produtos Agrarios.

O curso está destinado aos pequenos produtores de horta e froita de cara a diversificar e mellorar a rendibilidade das súas actividades. Ten como obxectivo principal ensinar todo o necesario para iniciar unha liña de transformación e produción desde os primeiros pasos ata a comercialización final.

Contidos

O programa comeza por mostrar os principios básicos da microbioloxía na conservación de alimentos, a esterilización necesaria, os distintos métodos e as boas prácticas nos primeiros pasos.

A formación afondará na relación entre os tipos de transformación e os produtos a transformar para, tendo en conta esas particularidades, pescudar as necesidades dun centro de produción e envasado.

Destinatarios

Este Plan de formación está pensado para a poboación activa dentro do ámbito do GDR Terras de Compostela. Desde persoas mozas que inician un proxecto agrogandeiro, ata xente vinculada co rural que queira diversificar a súa formación e coñecementos ou calquera outro relacionado, ou interesado, no medio rural e na produción agrogandeira.

A execución deste plan de formación correrá a cargo do  Sindicato Labrego Galego, que conta con unha experiencia no sector do agro, estando ademais acreditados ante a Consellería de Medio Rural para impartir formación de temática agraria.

Inscricións

O curso terá unha carga lectiva de 30 horas e impartirase no Centro Socio Cultural do Castiñeiriño entre o 3 e o 26 de setembro en horario de tarde. As inscricións poden realizarse chamando ao teléfono 981 81 83 57 ou no correo info@terrasdecompostela.org

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial