займ срочно

O GDR Terras de Compostela fórmase e forma en turismo

0

Vedra, 3 de setembro do 2019 – O turismo é un dos recursos dos que dispón o medio rural para crecer e consolidarse como unha alternativa sostible, a formación é básica para conseguir estes obxectivos.

Os técnicos do GDR Terras de Compostela, participaron nunha xornada de especialización en turismo gastronómico e enolóxico organizada polo AGADER, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Os técnicos coñeceron de primeira man en que consiste este tipo de turismo, que requisitos deben conseguirse para acadar unha boa calidade, e como deseñar experiencias turísticas gastronómicas e enolóxicas.

GDR formación en turismoEsta formación ten una especial importancia nos concellos do GDR Terras de Compostela xa que algúns deles forman parte da Denominación de Orixe Rías Baixas. Na parte práctica os asistentes visitaron dúas adegas de distintos tamaño pertencentes ao GDR Salnés Ulla Umia.

Calidade en Destino

O GDR continuou co curso de formación no sistema SICTED de Calidade en Destino. Un proxecto no xa están homologados 190 lugares e máis de 7.000 empresas e aos que se incorporarán distintos negocios da zona. Esta formación está impulsada desde a Secretaría de Estado de Turismo e conta co apoio da Federación Española de municipios y provincias

GDR formación en turismoDentro das actividades os alumnos fixeron unha visita de estudio a dúas adegas: Martín Codax, en Cambados e Bouzas de Carril en Barrantes, Ribadumia.

Esta formación conta co apoio do AGADER, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, O Goberno de España por medio do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, A Consellería de medio Rural da Xunta de Galicia e a Unión Europea por medio dos programas Leader de financiamento. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies