займ срочно

O GDR Terras de Compostela xestionará o xeodestino turístico Terras de Santiago

0

Bisbarra, 19 de outubro do 2018 – Persoal técnico dos concellos de Ames, A Baña, Negreira, Val do Dubra, Boqueixón, Brión, Santa Comba, Teo e maila xerente do GDR 19 Terras de Compostela, reuníronse para planificar a xestión do xeodestino Terras de Santiago.

O xeodestino Terras de Santiago nace como unha proposta da Axencia de Turismo de Galicia ao GDR 19. O obxectivo é xestionar o territorio, que conforman os 10 concellos integrados neste grupo de desenvolvemento rural coa finalidade de dinamizar este territorio a través do turismo. Para iso, vaise asinar un convenio de colaboración, dotado con 30.000 euros, entre a Axencia de Turismo de Galicia e o GDR Terras de Compostela.

En Galicia existen 14 xeodestinos diferentes. No artigo 23, da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do Turismo de Galicia, os xeodestinos turísticos defínense como “áreas ou espazos xeográficos limítrofes que comparten unha homoxeneidade territorial baseada nos seus recursos turísticos naturais, patrimoniais e culturais, con capacidade para xerar fluxos turísticos e que, xunto á súa poboación, conforman unha identidade turística diferenciada e singular”.

O GDR 19 Terras de Compostela está dando os pasos necesarios para poder xestionar o seu territorio dentro do xeodestino Terras de Santiago. O primeiro deles foi ampliar os fins recollidos nos Estatutos desta entidade, aprobados na asemblea celebrada o pasado 3 de outubro. Asemade, está previsto que en xaneiro de 2019 esta entidade asine un convenio de colaboración, dotado de 30.000 euros, coa Axencia de Turismo de Galicia, para realizar ditos traballos de xestión. Este convenio, e os fondos co que está dotado, permite realizar actuacións en catro ámbitos: creación de produto turístico, comercialización, promoción e formación.    

A xuntanza mantida no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, serviu para achegar propostas e definir posibles actuacións de cara ao ano 2019 no territorio destes 10 concellos que conforman o xeodestino Terras de Santiago. En dita reunión participaron técnicos/as dos concellos do GDR 19 Terras de Compostela. Así participaron Sonia Moure Oliveira, do Concello de Ames, Eutropio Rodríguez Varela,  dos concellos de Negreira e Val do Dubra, María Dolores Landeira Liñares, do concello da Baña, Mari Cruz Ferreiro Sanín, do Concello de Boqueixón, Dora Vieiro Nogueira, do Concello de Brión, José Manuel Vázquez Rodríguez, do Concello de Santa Comba, Liduvina Campoamos Sánchez, do Concello de Teo, e Chefa Fernández Fernández, xerente do GDR 19 Terras de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies