O GES de Padrón realizou un milleiro de intervencións no que vai de ano

0

Padrón, 30 de setembro, do 2017 – O Grupo de Emerxencias Supramunicipal, GES, con sede en Padrón, que conta cunha ducia de efectivos, realizou durante os primeiros nove meses do ano un total de 964 intervencións.

O balance provisional do GES foi presentado esta semana polo concelleiro de Emerxencias, Ángel Rodríguez Conde, nunha reunión de coordinación celebrada na xefatura territorial da Consellería do Medio Rural.

Dentro das múltiples tarefas levadas a cabo, Ángel Rodríguez destacou os traballos de prevención dos incendios forestais, principalmente co desbroce de 22 hectáreas de superficie, 20 delas mecanicamente e dúas máis de forma manual. Neste eido, tamén salientou a presentación de tres proxectos de definición das redes de faixas de xestión de biomasa de Padrón, Rois e Dodro, sendo identificadas polo persoal do GES preto de 2.000 parcelas, dentro do establecido na normativa autonómica de prevención de incendios forestais.

Por outra banda, o concelleiro de Emerxencias resaltou tamén os traballos de retirada de 270 niños de avespa velutina no que vai de ano entre os municipios de Padrón, Rois e Dodro.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies