Gloria Fuertes protagonista do Día do Libro na Biblioteca Municipal de Silleda

0

Silleda, 19 de abril do 2017 – A Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda celebra o vindeiro luns día 24 o Día do Libro con A Biblioteca Máxica, un especial adicado á poetisa Gloria Fuertes.

Con este espectáculo búscase o achegamento dos nenos a vida e obra desta autora

A cita será ás 17:00 horas co episodio da saga teatral no que o rapaz Piruleta volta á Biblioteca Máxica do extravagante Renato a devolver os libros que levara na súa última visita, e atópase con que a biblioteca está engalanada có gaio do aniversario da poetisa Gloria Fuertes.

A través deste evento, incluído no ciclo Ler conta moito, a través da axuda de ferramentas audiovisuais, os cativo van descubrindo a vida e obra da autora.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial