займ срочно

Go On! e D.E.P. Descanse en paz chegan ao Salón de Teatro da man de Mala Sombra producións

0

Compostela, 17 de xaneiro do 2019 – A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe esta semana a Malasombra Producións con dúas das comedias máis coñecidas desta compañía galega: Go On!, o venres 18 ás 20,30 h., e D.E.P. Descanse en paz, o sábado 19 á mesma hora.

Tras a súa recente participación no ciclo de Nadal do CDG Gran teatro para os máis pequenos co espectáculo de pompas de xabón Os fabulosos Cleaners, o dúo interpretativo que integran Xoque Carbajal e Jouse García, Mala Sombra producións, regresa ás táboas do Salón Teatro con dúas propostas, dirixidas por Marcos Orsi, coas que continúan a xirar por todo Galicia.

Este venres será a quenda de Go On!, comedia escrita por José Luis Prieto sobre uns astronautas que toman terra no “planeta Galicia”. Os exploradores inician entón “unha odisea cósmica no espazo galego”, durante a que entrarán en contacto cos cans de palleiro, o porco do San Martiño, as festas gastronómicas, os toxos e as ortigas ou a Santa Compaña.

Ao día seguinte, o pano do Salón Teatro levantarase para D.E.P. Descanse en paz, produción realizada a partir dun texto de Pep Antón Gómez e Jordi Sánchez, traducido e adaptado por Xoque Carbajal. Esta montaxe bota man do humor para contar unha historia de egoísmo, mentiras e enganos entre irmáns ante a repartición dunha herdanza.

A venda anticipada de entradas para ambas as funcións está dispoñible no web entradas.abanca.com e no teléfono 902 434 443. No despacho de billetes do teatro, poderán adquirirse desde dúas horas antes do comezo dos espectáculos.

A programación de xaneiro do Salón Teatro continuará a semana que vén coa estrea de Doppelgänger, espectáculo de Berrobambán en coprodución co Centro Dramático Galego, que tamén colabora con esta compañía compostelá a través do seu programa de residencias. As funcións para público xeral terán lugar do xoves 23 ao domingo 25.

Dentro desta mesma iniciativa de estadías artísticas, Artesa Cía. chegará á sede do CDG o luns 28 para continuar traballando sobre Chola a It Girl, montaxe que representará no Salón Teatro do xoves 31 de xaneiro ao domingo 3 de febreiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies