займ срочно

O goberno de Ames incumpre o acordo de orzamentos

0

Ames, 5 de outubro do 2018 – O acordo de orzamentos acadado entre Ames Novo e o goberno municipal parece ter as horas contadas xa que o tripartito quere destinar máis de 200.000 euros de superávit sen consensuar coa iniciativa cidadá.

O acordo de orzamento, acadado no mes de marzo, comprometía ao goberno de Ames (Psoe, BNG e Contigo Pódese) a consensuar os remanentes de tesourería procedentes do exercicio 2017. Este diñeiro e consecuencia do acordo entre a Federación de Municipios e Provincias e o Ministro Montoro que habilitaba aos concellos para gastar parte dos cartos sobrantes de exercicios anteriores. No caso de Ames supón 214.000 euros que o goberno municipal levará a un pleno extraordinario para que sexan incorporados ao orzamento de este ano.

Ames Novo denuncia que esa incorporación de remanentes xa estaba contemplada no acordo e sería considerada para dos orzamentos negociados. Para o portavoz da iniciativa e candidato a alcaldía Quique Costas “Que esta incorporación de crédito e a asignación de en que vai ser empregado se fixera de xeito unilateral, sen consulta algunha, séndonos trasladado unha vez que xa estaba asignado, é unha violación flagrante dun acordo básico e así llo transmitimos ao goberno. Pola nosa parte fomos absolutamente leais e consecuentes co pactado e nos parece inaceptable que a outra parte incumprise un dos acordos explícitos asinados no seu día no pacto que levou á aprobación das contas, o que nos sitúa nun escenario que dificulta, sen dúbida, o entendemento futuro co goberno local”.

Para Ames Novo non se trata só do reparto unilateral xa que tampouco están de acordo con que tódolos cartos se destinen a obras “A norma establece unha serie de partidas ás que se pode destinar este diñeiro e, de terse consensuado connosco, a súa utilización ía estar, desde logo, máis diversificada” explica Quique Costas que considera que esta actitude demostra que “unha vez máis o goberno parece ter perdido a perspectiva da súa situación de minoría, actuando como se tivesen maioría absoluta.

Nunca foi nin será a nosa unha estratexia de bloqueo, como a que parece seguir a dereita municipal, na que paguen as consecuencias as veciñas e veciños de Ames, pero o goberno ten que ser consciente de que na súa

situación de debilidade só poden sacar as cousas adiante se buscan o apoio de outras forzas da Corporación e isto só é posible mediante o establecemento de consensos sobre os temas. Non parece, xa que logo, o incumprimento dos pactos asinados a mellor estratexia para acadalo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies