O goberno de Teo queda sen soldos

0

Teo, 9 de xullo do 2019 – O pleno de organización do concello de Teo confirmou o esperado por todos e PP e BNG votaron en contra da proposta de soldos do equipo de goberno.

O certo é que en este momento o goberno non ten soldos, o alcalde non cobrará pero porá contratar unha persoa de confianza, os grupos terán asignacións e as asistencias as comisións, plenos e distintos órganos tamén serán pagadas.

Imaxe do pleno de TeoO pleno foi pouco a pouco sacando a diante as distintas cuestións sen apenas debate. Tan só iniciouse un pequeno diálogo con respecto á colocación dos grupos no salón de plenos. O BNG propuxo que todo o goberno se sentará xunto e fronte a cidadanía, algo que o PP estaba tamén disposto a apoiar pero que ao final non se concretou en nada.

A polémica chegou co puntos destinado aos soldos e dedicacións do equipo de goberno. A proposta era de 5 dedicacións máis unha ao 75% e unha persoa de confianza para a alcaldía. O BNG non quería pasar de cinco dedicacións exclusivas e admitía a de confianza. O alcalde Rafa Sisto pedíalle ao BNG que explicará porque non entrara no goberno e porque ia votar en contra dunha proposta que na práctica era inferior a do 2011 cando os nacionalistas si gobernaban

O portavoz do BNG, Manuel Anxo Baz, insistía en que non querían que o goberno tivera máis de cinco dedicacións o que resultaba un pouco contraditorio xa que ao mesmo tempo dicía que poderían cobrar máis incluso mentres non se pasara de ese número

O BNG emitía tras o pleno un comunicado non que se mostraban contrarios a unha subida da masa salarial do 11% e lembraban que o goberno terá un concelleiro menos que no anterior mandato polo que “é posible gobernar con menos do que propoñen”. Insisten tamén en que o voto favorable a alcaldía de Rafa Sisto non é un cheque en branco e terán que negociar.

Mentres o PP non dou argumentos e limitouse a dicir que estaban en contra de esta proposta.   

O pleno completo pódese ver en Youtube

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial