Denuncian que o goberno da Estrada furta competencias ao pleno

0

A Estrada, 14 de febreiro do 2018 – O BNG de A Estrada ven de denunciar que o goberno municipal quere levar a Xunta de Goberno Local a aprobación dos contratos da EDUSI sen pasar polo pleno.

O BNG explica que votará en contra de esta medida no pleno municipal xa que limita o debate público e a transparencia na xestión dos fondos.

A medida que se pretende aprobar, e que previsiblemente sairá adiante, fará que tódalas adxudicacións de obras, suministros de servizos, ou contratos privados que superen os 6 millóns de euros poderán ser dados en Xunta de Goberno sen pasar polo pleno municipal, algo que afecta moi directamente aos fondos da estratexia EDUSI.

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, xa deixou clara a postura do BNG na comisión de organización celebrada este luns 12 de febreiro. O BNG entende que este tipo de debates sobre os contratos da administración pública non poden quedar encerrados entre as catro paredes da comisión correspondente e a xunta de goberno local. Un goberno ten que se transparente na súa xestión. O nacionalista considera esta medida “unha nova patada á filosofía que impulsa a EDUSI” xa que deixa ao marxe a participación social e a transparencia da xestión que debía rexer todo o proxecto sufragado con fondos europeos.

O BNG abandonou a mesa de xestión dos fondos EDUSI no mes de novembro por considerar que o reparto non ia destinado as necesidades reais do concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial