O grupo de goberno de Lalín levara a pleno a retirada do título de Fillo Adoptivo a Francisco Franco

0

Lalín, 21 de abril do 2017 – O Grupo de Goberno do Concello de Lalín presenta ao pleno da Corporación municipal unha moción solicitando a retirada do título de fillo predilecto a Francisco Franco.

Na exposición de motivos da moción o equipo de goberno ecxplica que “Logo da sublevación militar do 18 de xullo de 1936, na sesión extraordinaria da Corporación municipal de Lalín do 9 de xaneiro de 1937 tomáronse unha serie de acordos para homenaxear as autoridades e heroes da sublevación. A Corporación decidiu unanimemente adherirse a unha proposta do Concello de Teruel que nomeaba o xeneral golpista Francisco Franco como fillo adoptivo do Concello de Lalín. Este é o texto do acordo:

Se da lectura al acuerdo tomado por la Permanente, en sesión de 28 de Diciembre último, estimando como un deber patriótico y de justicia declarar al Generalísimo y jefe de Gobierno del Estado Excmo. Sr. D. Francisco Franco Bahamonde hijo adoptivo de este Ayuntamiento de Lalín y predilecto de España, siguiendo la iniciativa del Ayuntamiento de Teruel, pero para que tenga este acuerdo de la Permanente toda la significación que le corresponde se propuso en la indicada sesión se diese cuenta al Pleno en la primera sesión al objeto de su confirmación por éste; y por unanimidad se acuerda confirmar en todas sus partes el acuerdo de la permanente en la sesión indicada y que así se tenga como acuerdo tomado por el Pleno a todos los efectos.

A día de hoxe é unha anomalía democrática que este nomeamento non fose retirado.

Por outra parte, o Pleno do Concello de Lalín aprobou en sesión extraordinaria do 21 de xullo de 2016 unha moción do Grupo de Goberno sobre a recuperación da memoria histórica e condena da ditadura franquista. Nesta moción, a corporación municipal de Lalín  acordaba condenar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e afirmaba o seu compromiso cos valores democráticos e a condena da ditadura franquista.

No punto 4 da moción expresábase o acordo da corporación para “Eliminar, suprimir ou anular os acordos, distincións e símbolos que reflictan a adhesión e colaboración da institución coa Ditadura”.

Por todo o antedito, o Grupo de Goberno do Concello de Lalín propón ao pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte”

Por todo isto o equipo de goberno de Lalín solicita na moción, que será levada ao próximo pleno, a retirada do título de fillo adoptivo ao dictador.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies