O goberno de Negreira acusa ao Partido Popular de mentir sobre a sentenza de Tamara

0

Negreira, 6 de xuño do 2017 – O equipo de goberno de Negreira ven de emitir un duro comunicado no que acusa ao PP de mentir sobre a situación xudicial da chamada variante de Tamara. O goberno municipal invita ademais ao Partido Popular a achegarse ata o concello e comprobar os autos xudiciais e coñecer o que din realmente.

A continuación o comunicado literal

                  Comunicado Gobierno Municipal de Negreira

Unha vez máis, e xa perdemos a conta, os compañeiros do Partido Popular amenten cun descaro abafador.

De todos é sabido que a estratexia que máis lle gusta aos populares é a de ” difama que algo queda “, a de embarrar o terreo de xogo político, por que aí é onde son verdadeiros mestres.

A semana pasada saíu publicado nun medio de comunicación que ” a xustiza acababa de sobreseer a apelación veciñal contra as expropiacións levadas a cabo para a realización da variante do Tamara. “

Ante o cal o partido popular esixíanos a terminación da mesma, e da maneira máis urxente.

Dicir isto nun medio público é unha  irresponsabilidade impropia duns representantes públicos elixidos polos veciños deste municipio.

Unha vez máis os membros do Partido Popular amenten, xa dixemos que son auténticos expertos, e fano a propósito.

Para e por que” Pois moi claro para poñer interdicto a actuación do goberno municipal neste asunto, para confundir ao veciños pero sobre todo para embarrar e ensuciar a política local, algo isto ao que están moi afeitos e co que se manexan á perfección.

Para afirmar que están pronuciando unha soberana mentira remitímonos ao seguinte:

En relación coa noticia publicada nun medio de comunicación escrito, na que se fai referencia a que o Xuíz desestimou un recurso contra a denominada ampliación do Tamara, o procedemento xudicial 7179/2015 séguese ante o TSJ de Galicia, Sala do contencioso administrativo, na actualidade, sendo o último trámite de data 1 de Xuño de 2017 polo cal se lle concede á parte recorrente o prazo de cinco días para recorrer contra o Auto do 30 de Marzo de 2017 polo que se declara a apertura do período de proba.

Neste procedemento está pendente: práctica da proba, conclusións da parte recorrente, conclusións das demandadas (Xunta de Galicia e Concello de Negreira).

Como queda manifestamente claro o procedemento do cal levamos escribindo varias liñas segue en curso, sendo precisamente o último trámite de data do 1 de xuño.

Devandito procedemento aínda está en período de proba, polo que moi lonxe aínda de ter unha resolución en firme.

Como xa dixemos varias veces, mentres a xustiza non resolva o procedemento aberto contra o expediente de expropiacións da variante do Tamara, o noso goberno municipal non levará a cabo máis actuacións sobre os devanditos terreos

Por último queremos enviar un consello aos membros de grupo municipal popular.

Que cambien de estratexia.

Creo que xa viviron en carnes propias e dúas veces consecutivas, en ambos os procesos electorais municipais, que o uso da mentira como única arma política levoulle a perder os comicios do 2011 e do 2015. Polo que lle aconsellamos que cambien a súa forma de entender a política.

Por último queremos tamén convidar os membros da corporación para pasarse polo concello e poder ver así os autos xudiciais aos que aquí nos referimos e comprobar deste xeito a veracidade das nosas afirmacións.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies