займ срочно

O goberno de Rois anula un pleno ordinario e deixa sen avisar a un concelleiro de Xente de Rois

0

Rois 3 de xaneiro do 2017 (fonte Xente de Rois) – Segundo o preestablecido no “Pleno de Funcionamento” do concello de Rois, hoxe luns día 2 de xaneiro tiña que celebrarse Pleno Ordinario, ás 9:30 horas. O concelleiro de Xente de Rois, Pere Tobaruela, presentouse malia non ser notificado. E non houbo pleno. Tobaruela non recibiu ninguna notificación oficial do aprazamento ou suspensión deste pleno.

Por este motivo, que comporta o incumprimento de tres puntos do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades Locais (punto 1 do artigo 78 e putos 3 e 4 do artigo 80), Pere Tobaruela presentou unha moción para debater cando se celebre este Pleno Ordinario, instando ao equipo de gobierno ao cumprimento dos citados puntos dos artigos infrinxidos.

MOCIÓN 

O artigo 78 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades Locais, referente aos requisitos da celebración das sesións do Pleno Ordinario, no punto 1 di: “Son sesións ordinarias aquelas cuxa periodicidade está preestablecida. Dita periodicidade será fixada por acordo do propio Pleno adoptado en sesión extraordinaria, que haberá de convocar o Alcalde ou Presidente dentro dos trinta días seguintes ao da sesión constitutiva da Corporación e non poderá exceder do límite trimestral a que se refire o artigo 46.2.a) da Lei 7/1985, de 2 de abril”.

 Á súa vez, o artigo 80 no punto 3 di: “A convocatoria, orde do día e borradores de actas deberán ser notificados aos Concelleiros ou Deputados no seu domicilio”. O punto 4 deste mesmo artigo di: “Entre a convocatoria e a celebración da sesión no poderán transcorrer menos de dous días hábiles, agás no caso das sesións extraordinarias urxentes”.

 Dito isto hai que saber que, efectivamente, seguindo as instrucións do punto 1 do artigo 78 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades Locais, a periodicidade foi preestablecida e, segundo isto, o primeiro Pleno Ordinario de 2017 tería que celebrarse o luns 2 de xaneiro. Remarcamos que o concelleiro de Xente de Rois non foi convocado nin notificado da celebración de dito Pleno nin en tempo nin en forma, tal como marcan os puntos sinalados do artigo 80. Finalmente, este Pleno non se levou a cabo.

 Velaquí, logo, un claro incumprimento do punto 1 do artigo 78 e dos puntos 3 e 4 do artigo 80 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades Locais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies