O goberno de Touro investigado por presuntos delitos de corrupción

0

Touro, 15 de xuño do 2019 – A Fiscalía investiga ao equipo de goberno de Touro por presuntos delitos de corrupción e contra o medio ambiente.

A corrupción tería que ver coa xestión dos residuos de construción de obras municipais. Os indicios apuntan a que, presuntamente, residuos procedentes de obras municipais acabaron enterrados en cunetas de pistas municipais cando tiñan que ser levados e tratados en vertedoiro autorizado. Este feitos foron recoñecidos polo alcalde Ignacio Codesido (PP) ante a prensa meses atrás, apuntando que foi el quen dou o visto bo a dita actuación. No foco dos feitos está tamén o concelleiro de obras Jesús Martínez Pereira (PP).

Segundo o proxecto das obras e os pregos de licitación, os residuos de obra terían que ser xestionados en vertedoiro autorizado, correspondendo ás empresas contratadas o custe dese tratamento, o cal foi incluído no presuposto. Finalmente os residuos foron baleirados en cunetas de pistas, polo que os contratistas aforrarían deste xeito os custes de xestión a costa de danar o medio ambiente e incumprir a normativa na xestión de residuos; sen beneficio nin aforro algún para o Concello.

goberno touro investigado por corrupción por baleirar escombros Colectivos veciñais consideran “sospeitosa a conformidade e amparo do rexedor Ignacio Codesido (PP) e do concelleiro de obras Jesús Martínez Pereira (PP) a estas actuacións, contra os que recae a denuncia por posible comisión de delito de fraude contra a Administración Pública ao terse constatado o incumprimento dos pregos de contratación da licitación”.

A fiscalía vén agora de solicitar ao concello de Touro a documentación relativa a estas obras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial