GóisOroso Arte 2020 chega a Sigüeiro

0

Oroso, 9 de setembro do 2020 – Oroso ven de inaugurar en Sigüeiro unha nova edición da mostra GóisOroso Arte que cada ano celebra conxuntamente co concello portugués de Góis.

O centro cultural de Oroso, en Sigüeiro, acolle ata o próximo día 30 unha nova edición do certame internacional de arte. A crise sanitaria fixo que non se celebrara unha apertura oficial pero a mostra está xa aberta para as visitas sempre cumprindo as recomendacións sanitarias e as indicacións do persoal do centro cultural.

GóisOroso Arte 2020 chega a SigüeiroEn palabras do alcalde, Manuel MIrás,  “A dura pandemia marcará para sempre este ano 2020, pero tanto Oroso como o noso municipio irmán de Góis tivemos claro desde un primeiro momento que o certame internacional de arte tiña que celebrarse e cumprir 15 anos, 24 no caso de Góis Arte, ao que uniuse Oroso cando xa levaba nove edicións”.

Óleo, acrílicos, acuarelas, fotografía, escultura… todas as disciplinas artísticas están presentes en GóisOroso Arte, con obras de artistas de 15 países diferentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial