Golpe Radikal e Strikeback esta noite na sala Moon de Compostela

0

Compostela, 12 de xaneiro do 2019 – A Sala Moon acolle un concerto do Club Estrella Galicia cos grupos Golpe Radikal e Strikeback, a cita a partir das dez da noite.

Golpe Radikal

O concerto marca o inicio da programación do Club Estrella no 2019. Golpe Radikal estrean nova formación en este concerto y presentan, ademais, un novo disco titulado “Sombras”. Golpe Radikal naceu no 2011 en Pobra do Caramiñal e desde entón teñen compartido escenario con bandas como Def con Dos e Soziedad Alkoholika, e participado en festivais como Castelo Rock de Muros e na festa previa ao Resurrection Fest Estrella Galicia, no 2016.

Pola súa banda os coruñeses Strikeback están inmersos na xira presentación do seu último traballo “The Plague”. Trátase do segundo disco da banda que saíu á luz en xaneiro de 2018 despois dunha campaña de crowdfunding. A banda comezou a súa andaina no 2012 e tras o seu primeiro album, “Share your Hate” (2014), participaron en festivais de Portugal e España como Santa María Summer Fest, Noroeste Pop Rock Estrella Galicia ou Resurrection Fest Estrella Galicia. No 2016 gañaron o Resurrection Band Contest, ademais de chegar ás semifinais da Wacken Metal Battle Spain.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial