A banda The Grooves este sábado en Lalín

0

Lalín, 23 de marzo do 2017 – Dentro das actividades vinculadas ao Cocido do Orgullo Lalín recibe este sábado a banda madrileña The Grooves.

The Grooves preséntanse coa frase Somos The Grooves e viñemos a queimar este escenario!. Este berro de guerra define o seu espírito á perfección porque desde que a formación xurdiu no 2012 foron evolucionando ata atopar o son único que hoxe en día lles caracteriza, música preparada para bailar.

The Grooves  mesturan unha base que machuca a ritmo de discofunk e rock eléctrico e descarado xunto a uns ventos que dan elegancia e sensualidade. Todo presentado por unha voz que nos traslada directamente ao rock dos anos 70. O seu directo é enerxía, é suor, é entrega, é baile…

O seu novo disco, R3SET, é un xiro de 180º ao seu estilo orixinal. É unha aposta por explotar o que mellor lles funciona, o baile. Un cambio de mentalidade e concepto sen medo ao risco. Por iso “resetean” para desaprender o aprendido, dar a volta ás cousas para velas con outra perspectiva, atopar o seu estilo definitivo e volver empezar.

R3SET foi producido por David Kano (Cycle) e masterizado en Londres nos estudos Exchange Mastering (The Chemical Brothers, Madonna, Disclosure, Fuel Fandango). Con el pretenden soar en todas as pistas de baile do país e arrasar nos festivais.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies