A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega nomea Escritora Galega Universal 2017 a portuguesa Hélia Correia

0

Compostela, 17 de maio do 2017 – O premio Escrit@r Galeg@ Universal, que concede a Asociación de Escritor@s en Lingua Galega recae este ano na portuguesa Hélia Correia.

O próximo venres Hélia Correia terá un encontro cos medios de comunicación as doce do mediodía no Hotel Virxe da Cerca. Xa pola tarde, as seis e media na Fundación Granell, ofrecerá unha conferencia-coloquio, acompañada por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Carlos Quiroga, vogal de Lusofonía da AELG, un acto con entrada libre até completar aforo

Este premio, que chega á súa duodécima edición, é entregado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega a Hélia Correia no marco da II Gala do Libro Galego, que esta entidade coorganiza xunto coa Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editoras e que terá lugar ás 19.30 do sábado 20 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Hélia Correia súmase así a unha nómina de escritoras e escritores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana; son os seguintes: Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato e Pere Gimferrer.

A II Gala do Libro Galego conta co apoio do Concello de Santiago, Consellaría de Cultura e a Deputación da Coruña, e a colaboración da Fundación Eugenio Granell.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies