займ срочно

herDanza levará a danza á rúa desde este xoves

0

Compostela, 1 de setembro do 2020 – herDanza, o festival de danza na rúa de Santiago, chega a súa quinta edición desde este xoves.

Do 3 ao 5 de setembro, o parque de Bonaval e o CGAC serán os principais escenarios dos espectáculos de danza, as conversas e as proxeccións audiovisuais que constitúen o programa HerDanza.

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada do director do CGAC, Santiago Olmo, e do equipo de dirección de herDanza, Isabel Sánchez, Leodan Rodríguez e Xiana Vila, presentaron a proposta. Mercedes Rosón destacou que este festival se artella como un punto de encontro para artistas e entidades do sector cultural, que contribúe a establecer redes que resultarán tan enriquecedoras para os creadores como para os espectadores que asistan aos espectáculos.

herDanza levará a danza á rúa desde este xovesPrograma

Na xornada do xoves, 3 de setembro, celebrarase unha conversa sobre o tradicional e o contemporáneo na danza, ás 17 horas no CGAC, e ese mesmo día, ás 19 horas, o parque de Bonaval será escenario de tres propostas artísticas da man de Daniel Rodríguez, Abdiel Vargas, Yaimelys Robaina, Marta Cuba e Remedios Cuba.

O venres 4, ás 17 horas, poderase asistir ao espectáculo froito da residencia do coreógrafo Mikel Aristegui no CGAC, baixo o título ‘Ouveo’, e un posterior coloquio co artista. Ás 19 horas, de novo tres propostas de danza a cargo de Wacking do Fiandón, Milagros Bordones e a Cía Mai.

O sábado 5 péchase o festival con tres propostas: ás 12:30h o visionado do filme ‘Polina’ no CGAC; ás 17h a presentación do libro ‘O público está aquí’; e ás 19 h danza en Bonaval con Xián Martínez, Clara Ferrao e Leodan Rodríguez.

Pódese consultar a programación completa na web http://herdanzafestival.org/

Entradas e acceso

O aforo de cada evento está limitado a un total de sesenta persoas, para poder garantir as distancias de seguridade. A entrada é gratuíta, e o público deberá asistir con media hora de antelación ao recinto, e seguir as indicacións do persoal de acomodación.

Pódense reservar os convite na web do festival: http://www.herdanzafestival.org/reserva-de-entradas/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies