займ срочно

Herdeiras. muller, identidade e memoria estrease en Compostela

0

Compostela, 22 de setembro do 2017 – Herdeiras. Muller, identidade e memoria, o novo proxecto discográfico de 2naFronteira, que integran os músicos Carmen Penim e Maurizio Polsinelli, presentarase en concerto este mesmo sábado, 23 de setembro, no compostelán Teatro Principal, ás 20:00 horas.

Herdeiras. Muller, identidade e memoria  foi presentado por Carmen Penim nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen quixo destacar na súa intervención “o gran valor que nos achega este traballo contado e cantado en clave feminina para recuperar, a través das voces de mulleres poetas actuais e dun audiovisual, a memoria na que a figura da muller quedou tantas veces silenciada ao longo da historia”.

O titular de Política Lingüística tamén fixo fincapé en que se trata “dun proxecto que vén empoderar a muller, xunguindo nel voces femininas de diversos ámbitos, sempre orgullosas de ser herdeiras doutras mulleres fortes, traballadoras, incansables e loitadoras”. O secretario xeral e mais a artista estiveron acompañados pola primeira tenente de alcalde, María Rozas; e mais pola coreógrafa Xiana Vilas.

Mulleres que contan e cantan

Herdeiras. Muller, identidade e memoria é un libro-CD sobre muller e memoria da autoría de 2naFronteira, que conta coa colaboración de netos e fillos de persoas represaliadas na época da guerra e a posguerra, ademais da das principais intelectuais e poetas de Galicia que produciron obras relacionadas. Presenta, así mesmo, a curtametraxe ‘Bucle’, de Margarita Ledo; con gráfica de Númax, fotografía de Xoán Piñón e prólogo de Amalia Bóveda.

Carmen Penim e Maurizio Polsinelli musican nel poemas de Helena Villar, Carmen Blanco, Eva Veiga, Marga do Val e Marta Dacosta, ademais de letras da propia Carmen; tamén compila unha serie de artigos breves, da autoría de Aurora Marco, Montse Fajardo, Luís Bará, Pepe Cáccamo, Valentín García Bóveda, Carmen García-Rodeja Arriví, María Torres, Xosé Álvarez, Ana Paula Mejuto, Olivia Rodríguez, Xosé Manuel Cid, Xesús Alonso Montero, René Pacheco e Rodeja Arribí.

O traballo conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies