займ срочно

Heredeiros da Crus, Leilía ou A Roda estarán nas Festas Patronais de Ordes 

0

Ordes, 2 de xullo do 2018 – Ordes ven de pechar o cartaz das Festas Patronais que se celebrarán na vila do 14 ao 17 de agosto, organizadas pola Asociación Cultural e de Festexos

Festas Patronais en OrdesAs Festas Patronais abriranse co festival Sons de Ordes. A música rock e pop dos anos 80 e 90 é o eixe central de esta cita. Actuarán Dani Royo & Verson´s band que servirán de teloneiros as estrelas da noite, Heredeiros da Crus, toda unha referencia no que se dou en chamar rock bravú.

Para o día grande, o 15 de agosto, o ambiente de orquestra inundará Ordes grazas ás actuacións de Palladium e da Orquestra Principal. Por suposto non faltará a misa solemne seguida da procesión, na que sempre participan centos de veciños e veciñas acompañando á imaxe da santa polas principais rúas do pobo.

A Noite Folk está reservada para o 16 de agosto. Este ano o cartel compóñeno dous grupos fundamentais dentro da música tradicional galega, as pandereteiras Leilía e os vigueses A Roda.

Para pechar as festas o día 17 están confirmadas as actuacións das orquestras Olympus e Ceniza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies