Hervé Falciani participará este sábado no LibreTeo

0

Teo, 27 de abril do 2018 – O LibreTeo 2018 ofrece este sábado unha mesa redonda sobre liberdade de expresión na que participará, por videoconferencia, o informático Hervé Falciani para falar de liberdade de información.

A liberdade de información é un dereito recoñecido internacionalmente e que supón unha extensión da liberdade de expresión. Hervé Falciani, enxeñeiro informático, saltou a fama cando comezou a colaborar coa xustiza de distintos países desvelando nomes de propietarios de fondos opacos no banco suizo HSBC, o que acabou por coñecerse como a “Lista Falciani”. O pasado 4 de abril foi detido na Universidade de Comillas, en Cantabria, atendendo unha orden emitida desde o país helvético. Aínda que foi liberado lle foi retido o pasaporte e tiña a obriga de presentarse regularmente ante o xulgado e estar localizado. Este pasado mércores o xuíz permitiulle viaxar pero xa resultaba imposible coordinar axendas para que puidera estar presencialmente en Teo polo que participará por videoconferencia.

A mesa redonda sobre liberdade de expresión é en todo caso unha oportunidade para escoitar a xornalistas de primeiro orden. Aníbal Malvar, escritor e xornalista de Diario Público, defensor da liberdade de expresión allea e exercendo a propia para desgusto da xudicatura; Belén Regueira, xornalista con experiencia en diferentes medios, TV e radio entre eles, actualmente na Radio Galega, feminista e membro moi recoñecido do Colexio de Xornalistas de Galicia; Raquel Ejerique, xornalista de elDiario.es e, vivindo aínda na onda expansiva dun dos seus últimos traballos de investigación: o master de Cifuentes; Cristina Huete, xornalista de El País e investigadora infatigable de corruptelas e corrupcións de gran calado na Deputación de Ourense; Xurxo Salgado, xornalista e director de Galicia Confidencial, un medio dixital independente que desvelou varias exclusivas a nivel autonómico desde os seus inicios; Adrián Estévez, editor e administrador de Wikipedia e Galipedia; e finalmente Manel Pardo, máis de 20 anos de experiencia en información da área metropolitana de Compostela e fundador e director de Lindeiros.gal.

A cita será este sábado a partir das 11 no auditorio da Ramallosa en Teo. A entrada e libre aínda que e preciso anotarse na web https://libreteo.gal/.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial