займ срочно

Música de cine na homenaxe a Prudencio Romo en Lousame

0

Lousame, 6 de setembro do 2018 –  O campo da festa de San Roquiño, na parroquia de Tállara (Lousame), acollerá este domingo 9 de setembro, ás 21.00 horas, a tradicional homenaxe a Prudencio Romo.

O acto está organizado polo Concello de Lousame e a Banda de Música municipal. Un evento que, en caso de choiva, trasladaríase ao polideportivo municipal da Silva. O concerto homenaxe contará coa actuación de tres bandas: a Banda de Música de Lousame, dirixida por Fernando Froján Canle; a Banda de Música Municipal de Boiro, dirixida por Martín Baleirón Frieiro; e a Banda de Música de Catoira, dirixida por Carlos Figueira Abuín. “Nesta ocasión contaremos coa participación de tres bandas coas que tocaremos ao mesmo tempo bandas sonoras de películas coñecidas por todos”, explica Fernando Froján.

No campo da festa de San Roquiño haberá instalada tamén unha gran pantalla, sobre a que se proxectarán imaxes das películas cuxas bandas sonoras se estean a interpretar neses momentos. A asistencia é totalmente libre e de balde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies