Homenaxe a Moncho Valcarce, o Cura das Encrobas, no Museo do Pobo Galego

0

Bisbarra, 9 de setembro do 2018 – O pasado martes Santo Domingo de Bonaval serviu de lugar de encontro e homenaxe en torno a figura de Moncho Valcarce, o Cura das Encrobas.

A  Plataforma Veciñal Mina Touro , O Pino None e a Irmandade Moncho Valcarce, celebraron dúas visitas guiadas ao Museo do Pobo Galego e a continuación organizaron un acto de homenaxe ao coñecido coma o Cura das Encrobas. A Irmandade e a produtora da exposición “Moncho Valcarce: Unha vida de compromiso con Galiza”,que permanecerá no Museo ate próximo 16 de setembro.

O Cura das Encrobas, Mocho Valcarce, foi un dos principais defensores dos máis desfavorecidos do rural galego e enfrontouse ao poder en conflitos coma o das Encrobas, que acabou por darlle alcume, nos que a central de Meirama foi instalada nas terras dos campesiños con condicións abusivas e indemnizacións insignificantes.

O recital, presentado por Iolanda Aldrei, e interpretado en lingua de signos por Natalia Navaza e Irene Rivas, abriuse coa música do grupo O Ghusto do Boi, para dar palabra a diversos persoeiros da escritura e música galegas: Xose Antón Bocixa Rei, Luz Fandiño, Leo Arremecághona, Laura Rey Pasandín, Ramiro Vidal, Concha Rousia, Ce Barbosa, Goretti Sanmartin, Teresa Ramiro, Adela Figueroa, Alfredo Ferreiro, Susana Aríns, Marilar Alexandre, Rochi Nóvoa Vázquez, Verónica Martínez, Arturo Vázquez, Antom Laia, Séchu Sende, Petri Daza, Sapoconcho, García Mc, Andrea Nunes Briom.

Ademais da Plataforma Veciñal Mina Touro–O Pino Non, estiveron representacións doutras organizacións dedicadas á defensa e coidado do seu entorno natural, coma son: Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago de Compostela – Miramontes, Non eólicos en Ordes, Contra o vertedoiro de Lesta, Plataforma Casalonga Limpa de Residuos e Salvemos as fragas de Catasós.Todas xuntas, ademais de recordar e resaltar a figura do homenaxeado, e os seus valores de solidariedade, confraternidade e compromiso coa defensa da terra e das persoas,deron o seu apoio á labor desempeñada pola Plataforma organizadora do acto, na súa loita contra o polémico proxecto de megaminería de cobre a ceo aberto situado nos concellos de Touro e O Pino, e cabe resaltar como resumo a todo o sucedido, en esta emotiva tarde, as palabras de Gumersindo Campaña Ferro, membro da Irmandade Moncho Valcarce: Moncho estaría aquí hoxe aquí, berrando Mina Non.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial