Homenaxe do concello de Ordes a taekwondista Tania Gándara

0

Ordes, 26 de febreiro do 2017 – Ana Soneira, José Manuel Mira e José Luis Martínez Sanjurjo, edís de Deportes, Cultura e rexedor do Concello de Ordes respectivamente recibiron á taekwondista Tania Gándara Suárez e a outros membros do seu club, o Boudsport, no salón de plenos do antigo edificio consistorial.

Un acto co que goberno local quiso recoñecer publicamente e poñer en alza “o gran valor e importancia do traballo realizado e os éxitos acadados tanto pola deportista local como polo club ao que pertence”, en palabras do alcalde. Ambos foron catalogados “embaixadores de gran importancia e significado para Ordes” ademais de destacar “os valores  e a deportividade na se se basean os seus éxitos e que enchen de orgullo a todo o pobo de Ordes”.

Unha emocionadísima e humilde Tania Gándara agradeceu o momento entre bágoas, sen escatimar en reparos e resaltou a importancia que lle supón “este tipo de apoios e consideracións de cara ao esforzo realizado ao longo destes últimos anos”. Gándara calificou esta última etapa de “superación”, debido ás lesións e achaques dos últimos meses. Algo que non lle impediu acadar importantes postos en competicións autonómicas e de rango superior. O último exemplo é o bronce do último Campionato de España Sénior desputado a pasada fin de semana en Madrid. Neste eido o seu adestrador lembrou a última vez que o club fora agasallado no salón de plenos no que hoxe se volveron a dar cita, “día no que Tania Gándara facía uso das mesmas muletas que hoxe emprega outro sos seus compañeiros”.

Apoio institucional  

Tanto o alcalde como a concelleira de Deportes reafirmaron novemente o apoio ao deporte local e ao Club de Taekwondo Boudsport. Concretamente falouse da inmediata posta en marcha do novo ximnasio no polideportivo Campomaior, de 300 metros cuadrados, nos que comezarán a adestrar en breve. “Algo que suporá unha nova evolución para o club”, en palabras do seu director Cristobo Boudjenane.

O futuro ao taekwondo ordense parece sorrirlle, non só polo alto nivel de deportistas que aporta a esta modalidade, senón tamén polos proxectos plantexados. Entre outros destacan as xornadas de tecnificación que achegarán a outros deportistas e afeccionados ata o pobo, e que evitarían desprazamentos aos residentes do lugar. Unha idea na que a área de Deportes está implicada “e para a que aportará o material preciso, o cal estamos xa a piques de recibir ao completo” tal e como informou Ana Soneira.

Tras recibir os seus certificados conmemorativos por parte do Concello, Tania Gándara e Cristobo Boudjenane fixeron entrega dun agasallo do máis especial aos responsables institucionais e que “ocupará un lugar destacado nas nosas dependencias” en palabras do alcalde. Trátase dun dobok de alta competición. Unha prenda coa que taekwondistas de alto nivel, neste caso integrantes da selección galega, acuden aos torneos. Concretamento o entregado no día de hoxe leva plasmada a sinatura de Tania Gándara.

Entre outros logros, ademais da medalla de bronce do Campionato de España Sénior de Taekwondo do pasado sábado, Tania Gándara acada outro bronce no Campionato de España de Clubs (2014) e é subcampioa no Campionato de España de Clubs (2016), ademais de constar como campioa e subcampioa galega en varias tempadas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial