займ срочно

Ordes rende homenaxe a S.D. Sta Cruz de Montaos

0

Ordes, 24 de setembro do 2017 – Os  xogadores, cadro directivo e corpo técnico da S.D. Sta Cruz de Montaos acudiron ao Concello de Ordes, onde foron recibidos polo alcalde e a edil de Deportes, José Luís Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, xunto con José Manuel Mira, concelleiro de Cultura e natural da parroquia de Montaos.

Con esta recepción o concello quixo render unha homenaxe a S.D. Sta Cruz de Montaos tras o gran traballo levado a cabo a tempada pasada, na que resultaron campións de grupo o que supuxo o ascenso directo a segunda autonómica.

No encontro, celebrado no salón de plenos do antigo consistorio, houbo momentos para recordar anécdotas acontecidas sobre o terreo de xogo e das que o rexedor tivo ocasión de ser testemuña como espectador. Martínez Sanjurjo non se esqueceu de facer referencia aos compromisos adquiridos polo Concello “con este gran equipo” e asegurou que ditos compromisos “faranse realidade en pouco tempo”. Por último agradeceulles o traballo realizado e animounos “a seguir sudando, xogando e disfrutando” do xeito que o veñen facendo ata o de agora.

O adestrador José Manuel González, tivo palabras para todos os xogadores “por estes cinco anos que levo aquí e dos que me sinto moi orgulloso”. Gonzalo Seoane, capitán do equipo, arengou aos seus compañeiros e pediulles continuar “sudando a camiseta, saír cansados do campo e loitar por novas vitorias”. Tanto o presidente da entidade, José Manuel Álvarez, como unha representación de toda a aliñación tiveron palabras de agradecemento ao Concello de Ordes “por estes dous anos de colaboración e axuda”. Por último a responsable de Deportes, Ana Soneira, emprazou a todos os presentes neste día a volver a xuntarse a vindeira tempada, iso si, “con máis títulos”. Tamén lles lembrou unha vez máis “que terán abertas as portas do Concello” sempre que o precisen.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies