займ срочно

Hortaliza-TE, formación en coidado de hortas urbanas para a mocidade

0

Compostela, 24 de abril do 2019 – O concello de Santiago ven de presentar a segunda edición de Hortaliza-TE, o programa de formación en hortas urbanas para a mocidade e que tan boa acollida tivo o ano pasado.

Pensado para mozos de 16 a 35 anos, Hortaliza-TE foi unha das propostas máis votadas dos orzamentos participativos vinculados a mocidade. Desenvolverase no Centro Xove da Almáciga e nunha das hortas situadas a carón do edificio. O obxectivo principal é ofrecer unha formación amena, de produto local, de tempada e moi valiosa sobre como xestionar a horta propia dende o caso práctico das hortas da Almáciga. Hai dispoñibles 15 prazas e 3 delas están reservadas para participantes da primeira edición.

SONY DSC

Noa Morales, e a coordinadora da actividade, María Luz Eyo, foron as encargadas de presentar esta segunda edición do proxecto. Según a concelleira “a mocidade irá aprendendo técnicas e habilidades para xestionar as súas propias hortas no futuro en Compostela, que conta con case 300 de titularidade municipal”. Luz Eyo fixo balance da primeira edición da actividade, que cualificou como “un proxecto enriquecedor que entusiasmou á mocidade”. Nesta ocasión contarase cunha horta máis, que “permitirá realizar outro tipo de cultivos”. Ademais, os mozos e as mozas aprenderán como conservar os produtos que planten, xa sexa mediante conservas ou vía conxelación. A actividade vén acompañada da aprendizaxe sobre os usos de insecticidas ou abonos ecolóxicos.

Hortalíza-TE vén acompañada da realización dun vídeo cos avances paso a paso da hortiña que se poderán ver nas redes sociais. A actividade comeza a pé de horta o vindeiro xoves 2 de maio, sendo a formación teórico-práctica os mércores de 17:00 a 19:00 horas. A proposta pasa porque dous docentes colaboren cos/coas participantes na xestión de dúas hortas na zona da Almáciga, unha dedicada a produto de tempada e outra a reserva de inverno.

A proposta combina formación teórica mínima con moitísima práctica na propia horta. Terá unha duración do mes de maio a outubro, estendéndose durante o verán, e adaptándose á climatoloxía e ás diferentes estacións do ano. Ofrécense un total de 15 prazas, 3 delas reservadas para alumnos e alumnas que participaran na primeira edición. A inscrición, aberta a partir desta tarde, é de balde ata que se completen as prazas ofertadas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies