займ срочно

Hostalaría de Compostela presenta alegacións á ordenanza de terrazas

0

Compostela, 28 de setembro do 2018 – O xerente da Asociación Hostalaría Compostela, Ramón G. Seara, presentou en nome da entidade ás alegacións ó proxecto de nova normativa de terrazas.

presentando alegacións a normativa de terrazasOs hostaleiros concretan as alegacións a normativa de terrazas na modificación do punto 16.5, que regula o espazo de fachada que as terrazas poden ocupar. Os cambios introducidos limitan o espazo de fachada ocupable a do edificio no que se sitúa establecemento, excedéndoo tan só si contan ” con autorización dos propietarios dos locais comerciais estremeiros que poden verse afectados pola instalación da terraza. Tamén será necesaria esta autorización cando a terraza se coloque separada do local sempre que poida verse afectada a visibilidade ou o acceso a un local comercial”.

Desde o colectivo reclaman unha redacción da norma que garanta os dereitos adquiridos, non cree inseguridade xurídica e baseada en criterios obxectivos que non dean lugar a arbitrariedades. 

Desde a Asociación Hostalaría Compostela recórdase que as restricións da nova norma proposta polo Concello en materia de terrazas suporía un grave prexuízo para o sector.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies