A hostalaría acude aos tribunais para defender o sector

0

Compostela, 31 de agosto do 2020 – A hostalería de Compostela ven de presentar un recurso nos tribunais contra os cambios adoptados no Consello da Xunta de Galicia sobre as medidas de prevención vixentes.

A Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago solicitan a suspensión inmediata da orde de ocupación máxima de dez persoas por mesa, a agrupacións de mesas, a redución horaria para todos os establecementos de hostalaría á unha da madrugada e o peche dos locais de ocio nocturno (bares de copas, pubs, cafés-espectáculos, salas de festas e discotecas).

Nunha rolda de prensa o explicaban o pasado venres Lois Lopes, en representación da Asociación Hostalaría Compostela e Sergio Fernández e Lucía Vázquez, directivo e presidenta da Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago. Según dixeron “Estamos ante unha normativa que criminaliza licencias e non actividades, discrimina ao ocio nocturno e non atende a criterios sanitarios”.

A demanda baséase no carácter xeral e intemporal da norma, na vulneración dos dereitos adquiridos polos hostaleiros contidos nas súas correspondentes licenzas, e na desproporción da norma que se adopta cun criterio xeral e non cun asimétrico como o utilizado no Estado de Alarma.

Según a hostalería non se entende que so a desescalada fíxose tendo en conta a intensidade da pandemia nas distintas partes do territorio, non se comprende que o Goberno galego adopte unha serie de medidas restritivas dunha intensidade similar ou maior ás adoptadas noutras partes do territorio onde o incremento dos casos positivos é inmensamente superior. E todo sen o amparo legal dunha declaración dun estado de alarma.

Tampouco consta informe técnico-sanitario algún que circunscriba os incipientes contaxios por Covid-19 coa actividade desenvolvida no sector. Ao contrario, os abrochos véñense producindo sistematicamente nas reunións familiares e/ou sociais de carácter privado.

Tanto Hostalaría Compostela como a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago comparten a necesidade de adoptar medidas que garantan a saúde de clientes e traballadores, pero non por iso poden aceptar a criminalización do sector.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial