займ срочно

O hostaleiros de Compostela cren que as terrazas non son un problema real

0

Compostela, 1 de agosto do 2018 – O debate sobre a ordenanza de terrazas e os cambios introducidos en Compostela continúa xirando en torno ao espazo de fachada que ocupan.

A asemblea que a Asociación de Hostalería mantiña na tarde de este martes acordaba iniciar unha campaña en defensa do servizo de terrazas. A Asociación lembra nun comunicado que a aprobación da normativa foi posible grazas a abstención do Psoe e o BNG que puxeron como condición a que se iniciase un diálogo co sector e denuncian que aínda non se produciu dito encontro.

Os hostaleiros consideran que de todos xeitos é o momento de iniciar unha campaña de defensa dos seus dereitos e para iso na reunión de onte creouse unha comisión de traballo. O sector explica ademais que este non é un problema real e para comprobalo ten solicitado ao Concello un informe sobre o número de prazas de terrazas que hai na cidade e sobre cantas non se axustan á fachada do local. Este é un dos puntos que xera máis preocupación xa que a nova Ordenanza indica que estas deben ocupar só ese espazo. A Asociación segue mostrando a súa disposición ao diálogo pero lembra que as terrazas son un servizo demandado pola cidadanía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies