A hostalería de Melide súmase a reciclaxe de vidro

0

Melide, 20 de xaneiro do 2018 – O Concello de Melide, xunto coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e a asociación sen ánimo de lucro “Ecovidrio” poñen en marcha unha campaña de reciclaxe de vidro no sector da hostalería que ten como obxectivo facilitar a bares, cafeterías, restaurantes, pubs e demais establecementos do sector a recollida e depósito do vidro destinado á reciclaxe.

A novidade máis importante de estas campañas é un novo dispositivo que evita que os locais teñan que depositar os envases de vidro un por un no contedor. Trátase dun cubo con rodas e adaptado para as barras dos locais e un contedor de rúa con boca ancha, específico para hostalaría. Os negocios de hostalería dispoñerán dunha chave para a apertura do depósito e dun mecanismo elevador que axudará no volcado do cubo no contedor da rúa. 
A presentación da campaña tivo lugar no salón de plenos do Concello de Melide e contou coa presenza de María Cruz Ferreira, directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Germán Fernández, xerente de Ecovidrio Galicia e Dalia García, alcaldesa de Melide.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies