Hostalería defende os concertos como motor do sector

0

Compostela, 26 de maio do 2018 – A Asociación de Hostalería de Compostela sae ao paso das denuncias contra os concertos e os defende como parte do motor económico do sector.

As alegacións á normativa que permitía os concertos nos locais veñen de ser contestadas nunha rolda de prensa pola Asociación de Hostalería. Ramón García, xerente da entidade, acompañado por Lois López membro da xunta directiva, leron un comunicado no que defenden o bo facer da asociación, lembran as escasas denuncias por ruídos e acusan directamente a Asociación de veciños Compostela Vella de querer pechar locais no casco histórico.

De esquerda a dereita Lois López e Ramón Garcia

Un problema de moitos anos

Hai moito tempo que os locais da cidade teñen que facer un sobre esforzo para poder realizar actividades que en outras cidades non supoñen un problema. O principal escollo e que si ben a responsabilidade do control recae no concello, este ten que facerse atendendo a normativa da Xunta de Galicia. Os locais dependen dun catálogo que recolle os distintos tipos de establecementos e os permisos que se lles conceden en función da categoría. Eses permisos son os que ten que controlar o concello.

Máis tablaos que en Andalucía

O catálogo permitiu hai anos que Santa Comba tivera máis tablaos flamencos que Andalucía. Ao ser un modelo de negocio moi específico os tablaos tiñan licenza de apertura ata as cinco da mañá polo que todos os negocios abríanse baixo ese epígrafe. Tras ese problema tomouse a decisión de que o catálogo sería revisado cada certo tempo para adaptarse a realidade dos negocios e protexer aos veciños.

A actualidade

Despois de moito tempo no que Compostela non tiña concertos polas constantes denuncias e a inseguridade xurídica o equipo de goberno de Compostela Aberta, co consenso e apoio das outras forzas políticas, conseguiu, co aval dos informes xurídicos do concello, un modelo de convenio e unha normativa local que permitía as actividades. No mes de xullo a Xunta publicará unha nova Lei de espectáculo de Galicia e, amparándose en ese novo texto, a Asociación Compostela Vella presentou alegacións e acudiu a Defensora do pobo para facer valer as súas denuncias. O concello ante a posibilidade de que a asociación tivera en parte razón decidiu paralizar de novo tódolos convenios e consultar cos xervizos xurídicos como medida preventiva. Unha situación que pon aos locais de novo cunha baixada de ingresos e no punto no que comezou o conflito.

Unha cidade tranquila

Ramón García explicou na rolda de prensa que as denuncias veñen na maior parte da Asociación Compostela Vella,o ruído nunca é un problema nas enquisas pero a presión sobre os locais e enorme

Lois López, membro da directiva da Asociación de Hostalería e dono de A Nave de Vidán, incidía na mesma liña e lembraba que os problemas dos anos 80 quedaron atrás grazas ao esforzo de todos, explicaba tamén que Compostela Vella non acudiu as convocatorias para resolver os problemas e que está atacando a un sector estratéxico para a cidade

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial