Continua o plan de humanización do Gaias nos aparcadoiros

0

Compostela, 8 de novembro do 2017 – A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a desenvolver o Plan de Humanización dos espazos exteriores do Gaiás co axardinamento dos seis aparcadoiros ao aire libre e co remate e posta en servizo do Párking 3, anexo á estrutura do Teatro da Música.

Nunha visita ao Gaiás, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, comprobou esta o resultado duns traballos que conlevan a plantación de 309 árbores, de 49.000 unidades de especies vivaces e a posta en servizo do Párking 3, que suma 198 prazas, elevando a 707 o total  (640 para turismos, 56 para autobuses e 11 para condutores con mobilidade reducida).

Coa ampliación destes equipamentos, a Xunta dá resposta á crecente actividade da Cidade da Cultura, onde traballan a diario preto de 600 persoas, entre todos os servizos, institucións e empresas localizadas no complexo (Amtega, AGADIC, servizo de Bibliotecas e Arquivos da Xunta, Centro de Emprendemento, unidades de empresas como Telefónica ou Vodafone…). Aos vehículos dos traballadores súmase o tráfico derivado dos visitantes e turistas e dos asistentes ás 200 actividades culturais e aos 300 eventos que se celebran no Gaiás de media cada ano.

Román Rodríguez lembrou que, con estas obras, se segue a desenvolver un Plan de Humanización que supuxo converter nun Xardín Literario un dos baleiros deixados polos edificios non construídos, pór a disposición das familias dúas novas áreas de lecer infantil, rexenerar unha antiga balsa de augas de obras para crear o que hoxe é o Parque do Lago, ademais do gran proxecto medioambiental que representa para toda a comunidade autónoma o Bosque de Galicia.

Bosque de Galicia: II Fase

De feito, o titular de Cultura subliñou que están en marcha as obras de II Fase do Bosque de Galicia, actuacións que suporán a ampliación deste proxecto en 10 novas hectáreas e a plantación de 4.500 árbores máis de especies autóctonas. Cando esta fase estea rematada –primavera de 2018-, o Bosque de Galicia contará con 34 hectáreas e máis de 12.000 árbores, converténdose nun dos ‘pulmóns verdes’ más grandes a carón da Autopista do Atlántico (AP-9).

A II Fase do Bosque de Galicia, lembrou Román Rodríguez, terá un efecto importante na integración do Gaiás en Santiago xa que suporá a apertura dun novo itinerario a través do barrio do Sar, ruta que acurtará os tempos para achegarse á Cidade da Cultura.

En relación coa mellora das conexións co Gaiás, outro dos eixes prioritarios do departamento de Román Rodríguez, o conselleiro lembrou que Fomento puxo en marcha a licitación das obras para a conexión coa Autopista do Atlántico e destacou o potente efecto positivo que este enlace terá na vida do complexo.

O titular de Cultura do Goberno galego destacou que este Plan de Humanización se puxo en marcha con dous obxectivos: maximizar o uso dos espazos, conseguindo aproveitar todas as potencialidades do Gaiás, e eliminar o impacto que teñen as zonas en obra na percepción do complexo por parte dos visitantes, afectando negativamente ao que é un dos valores singulares da Cidade da Cultura: o seu atractivo arquitectónico.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies