Melide, 21 de marzo do 2019 – A Sociedade Canina Galega organiza en Melide, este domingo 24 de marzo, o I Concurso Nacional da Terra de Melide que se celebrará dende ás 10h da mañá no palacio de congresos e exposicións.
Trátase da primeira vez que Melide acolle un evento destas características e preténdese que sexa a sede para os próximos anos. O I Concurso Nacional Canino da Terra de Melide
comezará ás 10.30h cos xuízos dos exemplares das diferentes razas, no que competirán por ser o mellor can de raza para logo nas finais ser o mellor exemplar do grupo e unha vez escollidos os 10 mellores exemplares, realizarase a última final onde se elixirá ao mellor exemplar do concurso.
Para este evento canino contarase con Arturo Méndez e David Santos ámbolos dous de Ferrol, e David Vázquez de Barbadas. O concurso está organizado pola Sociedade Canina Galega e conta coa colaboración do Concello de Melide e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.