I Mercado das flores en Compostela

0

Compostela, 24 de maio do 2019 – Santiago impulsa a iniciativa Barrio Xardín, na contorna do Parlamento, coa organización este sábado do primeiro Mercado das Flores.

Barrio Xardín situase entre as rúas do Hórreo, avenida de Lugo, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez e Neira de Mosquera. O tecido comercial e a veciñanza deste ámbito colaboraron no desenvolvemento dun proxecto que ten como obxectivo dinamizar o comercio da zona, recuperar os espazos públicos e mellorar a convivencia no ámbito. O Mercado das flores de este sábado situarase na Praza da Constitución e servirá de presentación de esta iniciativa.

Entre as actividades previstas, ademais da exposición e venda de plantas, haberá obradoiros de elaboración de fermentos, demostracións de pintura con elementos das árbores ou venda e degustación de produtos ecolóxicos de proximidade. No programa figura tamén un roteiro de primavera polas diferentes rúas e parques do barrio e actuacións musicais. A festa desenvolverase durante toda a xornada, desde as 11:30 ás 20:30 horas.

Con B de Barrio

Barrio Xardín forma parte da terceira edición do programa Con B de Barrio co obxectivo de desenvolver o potencial comercial do contorno do Parlamento de Galicia e, ao tempo, de recordar ás personalidades que lle dan nome ás rúas da zona. Pero a iniciativa vai máis alá do comercial, e a veciñanza implicouse noutras accións que permitirán por en valor esta área de Compostela.

O Concello acompaña esta implicación veciñal con outras melloras que xa empezaron a executarse ou previstas a medio prazo, como a substitución dos bolardos existentes, o arranxo das xardineiras, a elaboración dun mapa de barrio ou o a sinalización do nome das rúas. Un dos cambios máis salientables foi a peonalización da rúa dos Irmáns Rey Alvite, que supuxo algunhas modificacións de direccións nas rúas do seu contorno.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial