I Romaría Cultural Presa de Castenda

0

Ordes, 11 de setembro do 2018 – A Asociación Cultural e Deportiva Dacabalo organizará esta fin de semana a  I Romaría Cultural Presa de Castenda ao carón do río Lengüelle.

Imaxe: Asociación amigos da presa de Castenda

A cita será na mesma presa de Castenda, situada na carballeira de Numide, e poderán asistir de balde todas as persoas que queiran participar. O programa deste encontro cultural, lúdico e festivo en defensa do patrimonio cultural, histórico e paisaxístico arrancará o sábado a partir das 12 horas. Tras recoller residuos e lixo do propio encoro procederase a realizar esculturas e creacións artísticas con este mesmo material. Unha experiencia na que a figura de Isabel Zendal estará moi presente “xa que este era o espazo onde se bañaba a tan importante e ilustre enfermeira e veciña de Parada”, segundo palabras de Santiago del Valle, xornalista e organizador desta iniciativa.  

Ás 14 horas está prevista unha romaría galega e un xantar. Non faltará a música tradicional nin tampouco o investigador Antonio Mariño, auténtico experto e voz autorizada na figura de Isabel Zendal. Xa a partir das 17 horas está previsto un baño ritual, acompañado de procesión, no río Lengüelle, para pedir a reconstrución deste encoro.

Esta primeira romaría terá continuidade o domingo, 16 de setembro, cunha ruta pola vía verde ata Oroso. O obxectivo desta iniciativa pasa pola reconstrución da histórica presa de Castenda; a recuperación e promoción como vía verde do Lengüelle de 30 quilómetros da antiga vía do ferrocarril da Coruña a Santiago, ao seu paso polos municipios de Cerceda, Ordes, Oroso e Santiago; e homenaxear a Isabel Zendal.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial