I Xornada de prevención do suicidio

0

Ordes, 15 de xuño do 2019 – Este luns 17 de xuño, de 13 a 15 horas e no salón de plenos do Concello de Ordes, terá lugar a I Xornada Prevención do Suicidio, organizada polo CIM da Mancomunidade de Ordes e a asociación Andaina Pro Saúde Mental.

Especialmente dirixida a persoal do ámbito social, educativo, sanitario, de seguridade e xudicial, a xornada pretende servir de ferramenta para poder ofrecer información precisa sobre esta problemática co fin de poder actuar de maneira preventiva e integrada.

Como relatores estarán Alberte Xavier Araúxo Vilar, especialista da área de psiquiatría, xerencia e xestión integrada de Santiago de Compostela (SERGAS), e Luísa Fernanda Peleteiro Pensado, técnica do servizo de saúde mental e asistencia a drogodependencias (SERGAS).

Entre os puntos que se abordarán figuran aspectos xerais, mitos e prexuízos; a avaliación e a intervención da conduta suicida no ámbito sanitario e as solucións de futuro.

A confirmación de asistencia poderase facer a través dos correos electrónicos andainapsm@gmail.com, cim@mancomunidadeordes.gal ou ben nos teléfonos 650270878 e 981682108 (de 8.30 a 15 horas).

Dende hai un tempo o CIM da Mancomunidade e Andaina PSM veñen traballando de forma conxunta na atención ás persoas con problemas de saúde mental e ás súas familias residentes na comarca de Ordes. Unha problemática e preocupación que xa se abordou na xuntanza mantida recentemente con María Tajes e María Sinda Blanco, xefa do Servizo de Saúde Mental e Asistencia a Drogodependencias do SERGAS e subdirectora xeral de Planificación e Programación Asistencial da Xunta de Galicia respectivamente.

Na posta en marcha desta iniciativa colaboran: Servizo Galego de Saúde, Concello de Ordes, Xunta de Galicia e Unión Europea.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial