займ срочно

I Xornadas sobre Conflitos Ambientais en Galicia

0

Compostela, 6 de maio do 2019 –  Alumnado de Educación Ambiental e Cultura de Sustentabilidade dos Graos en Educación Social e Pedagoxía organizan este martes as I Xornadas sobre Conflitos Ambientais en Galicia, que terán lugar de 16:00 a 21:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias de Educación (Campus Vida).

Os conflitos ambientais son elementos de gran relevancia á hora de entender como se materializa nun territorio concreto a crise socioambiental global na que estamos inmersas/os na actualidade, ao tempo que permiten comprender ás lóxicas de depredación dos recursos nas que se basea o modelo de desenvolvemento hexemónico e a distribución ecoloxicamente desigual de impactos e ganancias.

Emprendementos extractivos, produtivos, enerxéticos, de instalación de infraestruturas, xestión de resíduos, etc., que provocan graves impactos ambientais, socioculturais, económicos, paisaxísticos ou sobre a calidade de vida das persoas e as comunidades, son contestados pola cidadanía e outros axentes sociais baixo múltiples formas de organización e seguindo unha ampla gama de vías de acción. Por iso, para practicar a Educación Ambiental nun territorio, resulta necesario coñecer e comprender ditos conflitos, así como situarse e saber interactuar con eles.

Neste sentido, e co apoio do Grupo de Investigación SEPA-interea da USC, nas xornadas –de acceso aberto ao público en xeral- presentaranse baixo distintos formatos traballos de aproximación e análise sobre conflitos ambientais de gran relevancia en Galicia.

O programa inclúe mesas de presentación e diálogo coa participación de persoas implicadas nos propios conflitos e exposición interactiva de pósteres. Como colofón, contarase coa participación de Xose Anton Bocixa Rei para proxectar e conversar sobre a reportaxe documental recentemente estreada ‘Redes contra a política do espolio. Aire, agua e terras limpas’ no que se recollen conflitos abertos nas comarcas de Santiago, Arzúa, Ordes e O Sar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies