Noia, 16 de abril do 2018 – Un ano máis o Rally de Noia non decepcionou e púxolle as cousas moi complicadas aos pilotos, xa desde o día anterior coa novidade do tramo urbano.

O Rally de Noia é unha das probas máis queridas por pilotos e afeccionados do calendario galego. Unha organización que funciona coma un reloxo fai que o complexo da proba sexa máis doado de levar. Esta 34º edición non foi unha excepción nin da excelencia na organización nin no da complexidade, proba de elo son os 35 abandonos que se deran ao rematar a mañá e que todos os tramos da mañá tiveron en algún momento unha neutralización.

O tramo urbano disputado o venres encheu as rúas de publico ávido de motor. Un kilómetro e medio que a algún se lle atragantou facéndolle perder tempo. Foi unha iniciativa que duplicou o traballo da Escudería Berberecho pero que permitiu que a veciñanza de Noia que non pode ou non quere acercarse aos tramos vira de cerca como transcorre a proba.

No capítulo de tempos o gañador foi Iago Caamaño que non deixou moitas opcións a Victor Senra. No primeiro tramo do sábado, Tambre, Caamaño sacáballe 7 segundos a Senra; no segundo, Mazaricos, Victor non era capaz de recuperar pouco máis de cen milésimas; no terceiro perdía 2 segundos máis e no cuarto só recuperaba 88 milésimas. Ao final da mañá Iago Caamaño tiña un colchón de 9 segundos que lle permitían afrontar o resto do rally con máis tranquilidade, sobre todo cando comezou a chover e todos os coches tiveron que baixar o ritmo. Por detrás deles. nunha cómoda terceira posición, remataba a proba Alberto Meira.

A curiosidade entre os pilotos a poñía o dorsal 41. O triatleta de Ordes Iván Raña, metido desde hai tempo a correr “iron man” participaba no Rally. Según di é un deporte que lle axuda a concentrarse e, aínda que en ningún momento deu a impresión de arriscar máis do necesario, acabou nunha meritoria vixésimo sétima posición.

Destacar, como dicíamos, a organización. A seguridade nos tramos, a rapidez na resposta cando sucedía algo e a amabilidade coa prensa, e co público, ten moito mérito sempre pero máis aínda cando se trata de pechar estradas e mover por elas a 156 coches. Só queda esperar ao 2019 para disfrutar do 35 cumpreanos da proba.

Tedes todos os tempos no seguinte enlace: http://www.vola-racing.com/rallypro/fga/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial