Iago Hermo nas Xornadas de Música Contemporánea

0

Compostela, 14 de xuño do 2019 – Esta tarde o compositor Iago Hermo presenta nas Xornadas de Música Contemporánea o concerto Sferas con algunhas das súas pezas.

A cita con Iago Hermo será no Paraninfo as oito e media da tarde, con entrada libre ata completar aforo. Serán 4 das súas obras, das cales tres son estrea absoluta (‘A Gran Muralla’, ‘Now (…) is gone’ e ‘…29, 30, 31, 1, 2, 3, 4…’) ademais de ‘In a Landscape’ de John Cage

As Xornadas de Música Contemporánea continuarán o luns 17 de xuño co concerto de ‘Narrativas Imaxinarias’ no Auditorio de Galicia. E aínda nos quedan máis citas os días 18, 20, 24, 25 e 27 de xuño en diferentes espazos da cidade

Iago Hermo

É un compositor, pianista e director especializado na música contemporánea experimental. Como compositor busca constantemente aquelas sonoridades que sirvan para o seu fin artístico e creativo. Como intérprete, desenvolve propostas performativas que amosen este traballo experimental sobre a música. E como director, desenvolve a maior parte da súa actividade traballando os repertorios máis actuais, con música dende a segunda metade do século XX ate o día de hoxe.

A súa música, arranxos, interpretacións e traballo como director levárono a participar e colaborar en diversas agrupacións como a Sinfonieorchester Aachen (Alemaña), Coro Gulbenkian (Portugal), 4+1 Piano Ensemble (Galicia), e diversos ensembles e agrupacións en España e Países Baixos. O seu traballo e actividade académica valéronlle unha beca da Fundación SGAE para a realización de estudos de posgrao en institucións internacionais, realizados no Conservatorium Maastricht (Países Baixos). Na actualidade reside na cidade neerlandesa de Maastricht, rematando os seus estudos en Composición Musical e Dirección da Música Contemporánea. Estudos que realiza simultaneamente cos realizados na Universidade de Santiago de Compostela en Servizos Culturais: Xestión dos Bens Culturais, así como o estudo de diversas linguas (inglés, chinés, francés…), debido ao seu interese nas perspectivas culturais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial