займ срочно

O IES do Milladoiro reclama profesorado para atender aos rapaces que non coñecen as linguas oficiais.

0

Ames, 20 de Nadal do 2017 –  A Rede do Milladoiro, un órgano que engloba a representantes da comunidade escolar e da sociedade do Milladoiro, ven de solicitar a Xunta de Galicia profesorado especializado para atender aos alumnos recen chegados e que non entenden galego nin castelán.

A Rede do Milladoiro esta formada polos representantes dos distintos colexios de infantil, primaria e do instituto, das asociacións de pais, do goberno municipal, e mesmo da delegación de educación. Nas reunións trimestrais se debate todo o relativo a comunidade educativa e se marcan as liñas de traballo ata a seguinte reunión. De estas reunións xurdiron iniciativas como a posibilidade de realizar traballos sociais no concello para alumnos expulsados temporalmente ou se trasladaron a delegación e concello necesidades específicas.

No último encontro chegouse ao acordo de reclamar da Consellería máis medios para educar a alumnos recen chegados e que non entenden as linguas oficiais. No escrito a Rede explica que o alumnado do IES do Milladoiro presenta niveis socioculturais moi variados e responde ás novas realidades familiares existentes na sociedade. Esta diversidade amplíase coa presenza dunha porcentaxe relativamente elevada de alumnado procedente do estranxeiro, que se incorpora ao longo de todo o curso, mesmo na terceira avaliación e, en non poucas ocasións, con desfases curriculares severos. Aínda que a poboación inmigrante constitúe no Milladoiro un dos colectivos con maior risco de exclusión, o alumnado se integra na vida do centro con relativa facilidade.

A Rede detalla que no curso 2016/2017 matriculáronse por primeira vez no centro 9 persoas procedentes do estranxeiro, varias con desfase curricular severo, 1 delas procedente do Brasil cun escaso coñecemento das linguas oficiais en Galicia e que non promocionou. Entre os meses de setembro e novembro de 2017 matriculáronse no centro 8 alumnas e alumnos procedentes do estranxeiro. Desas cinco persoas, 4 teñen un desfase curricular severo e 2 (unha procedente de Romanía e outra de Marrocos) un descoñecemento total das linguas oficiais en Galicia. Tal e como esixe a lexislación, o Plan Xeral de Atención á Diversidade do IES do Milladoiro, aprobado na Comisión de Coordinación Pedagóxica do 14/6/2017

(http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/node/865) recolle os procedementos de actuación para garantir o dereito á educación do alumnado procedente do estranxeiro. Este plan prevé a creación de grupos de adquisición de linguas, medida de carácter organizativo que o artigo 8 da ORDE do 20 de febreiro de 2004 define como “agrupamentos flexibles que teñen por finalidade, a través dunha atención individualizada, o impulso dunha formación inicial específica nas linguas vehiculares do ensino, de xeito que se posibilite a súa plena incorporación nas actividades de aprendizaxe pertencentes ó curso no que se atope escolarizado”. Por outra banda, o artigo 4 da devandita Orde establece que a administración educativa propiciará as dotacións de profesorado necesarias para levar a cabo as atencións establecidas no seu articulado.

 A Rede explica na carta remitida que “neste intre, o centro non está en disposición de atender ás necesidades lingüísticas do alumnado con descoñecemento das linguas oficiais, que deben ser tratadas como linguas estranxeiras, o que sen dúbida vai en detrimento do seu aproveitamento escolar”. Por esta razón reclama que sexan atendidas as demandas e lle sexa facilitado ese profesorado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies