Ignacio Remuiñán e Vanesa Roo, medallas de ouro no XVI Open Garriko Arrigorriaga de taekwondo

0

Noia, 17 de abril do 2018 – O Concello de Noia felicita aos noieses Ignacio Remuiñán Lamas e Vanesa Roo Ferrer, que veñen de gañar sendas medallas de ouro no XVI Open Garriko Arrigorriaga de taekwondo desputado este pasado sábado 14 de abril no polideportivo municipal de Arrigorriaga.

Ignacio Remuiñán e Vanesa Roo, convocados coa selección autonómica para disputar o torneo máis lonxevo de Euskadi, gañaron todos os combates das súas respectivas categorías: cadete de menos de 37 quilos. Ambos os dous competiron baixo a bandeira da Federación Galega de Taekwondo e venceron con claridade todos os seus combates, derrotando nas súas respectivas finais a Lander Rodríguez Rey (The Masters) e Alice Arina (Gimnasio Dochang).

Os deportistas disputaron este torneo como preparación de cara ao Campionato de España, aínda que previamente Vanesa Roo participará na terceira edición da World Taekwondo President´s Cup Europe 2018, que terá lugar en Atenas do 25 ao 29 de abril.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial